Guillaume Dufay (á dereita) e Gilles BinchoisDueil angoisseux, de Gilles BinchoisSe La Face Ay Pale, de Guillaume DufayHodie Completi Sunt, de Orlando di Lasso
En termos musicais, a escola franco-flamenga foi un movemento de renovación musical do Renacemento que se desenvolveu a partir do século XV nos Países Baixosborgoñóns antes de se espallar por toda a Europa[1]. Caracterizouse polo gran desenvolvemento da polifonía e iniciou, así, as bases da harmonía moderna. O estilo franco-flamengo, que logrou unha grande difusión grazas á invención da imprenta, é considerado como o primeiro estilo internacional despois da uniformización do canto gregoriano no século IX. A escola franco-flamenga esténdese sobre todo no período de 1420 a 1600, onde se distinguen cinco xeracións sucesivas de compositores.
Mentres a Guerra dos Cen Anos entre a Francia e a Inglaterra chegaba á súa fin, algúns países non abranguidos co conflito, como os Países Baixos e Borgoña, coñecían a paz e a prosperidade económica. O desenvolvemento das fábricas, principalmente téxtiles, nos Países Baixos (Hainaut, Condado de Flandres, Principado de Liexa, Ducado de Luxemburgo e Brabante) contribúe tamén ao desenvolvemento das artes. Durante case dous séculos, eses países foron, xa que logo, escenario do principal centro cultural de Europa.
Os compositores da escola franco-flamenga non se contentaron con permanecer no seu país, senón que viaxaron para traballar en numerosos países europeos, fundamentalmente Italia, España, Francia e Alemaña, onde fixeron coñecer o seu estilo. Deste xeito, o estilo se espallouse axiña, coa axuda do desenvolvemento da imprenta.
O carácter da polifonía flamenga foi fortemente influído pola escola inglesa. Esta última, caracterizada pola superposición de terzas, sobre todo no "fauxbourdon", chegou a Francia como consecuencia de ser invadida pola Inglaterra de Guillerme I de Inglaterra, o Conquistador. Alí atoparon un notable éxito as composicións dun músico, matemático e astrónomo inglés, John Dunstable, autor de cancións sacras e profanas. Este foi un dos compositores máis influentes de todos os tempos.
Desta produción inglesa, os compositores flamengos tomaron prestada a superposición de terza e sexta, que aínda hoxe se corresponden coa nosa sensibilidade acústica, abandonando as sucesións de cuarta, quinta e oitava, características dos períodos da Ars Novae da Ars Antiqua.
O centro da composición flamenga é a tríade, ou sexa, a superposición de terzas, acompañando e introducindo unha nova atención ao desenvolvemento vertical da polifonía, xermolo do que moito máis tarde será o fundamento da harmonía. Algunhas das regras modernas da composición viñeron á luz nesa época, e entre as máis notables podemos salientar:
Prohibición de crear quintas e oitavas paralelas, co fin de evitar o sabor arcaico que delas derivaba.
A obriga de que a superposición de voces sempre formase unha tríade consonante, permitindo disonancias só baixo a forma de notas de paso nos tempos febles e baixo forma de retardo sobre o tempo forte.
Na produción flamenga do sécilo XVI, adóitase facer unha distinción de cinco períodos ou xeracións, separados por arredor de vinte anos e cada un asociado ao nome dun ou máis compositores importantes.[2]
Quant ce vendra, de Antoine BusnoisA primeira xeración (1420-1450), tamén coñecida como escola de Borgoña, foi dominada por Guillaume Dufay, Gilles Binchois e Antoine Busnois. Esta xeración marca unha ruptura con música medieval. Á sucesión de cuartas, quintas e oitavas, que marcaran a música da época, eles preferiron as superposicións de terzas e sextas.
A segunda xeración (1450-1485), da cal Johannes Ockeghem foi o compositor máis importante, está marcada polo desenvolvemento dos motetes, que pasan a ser as composicións preferidas de experimentación co contrapunto.
A terceira xeración (1480-1520) asóciase principalmente con Josquin des Prés, frecuentemente considerado como o maior compositor belga desta escola.
A cuarta xeración (1520-1560) vincúlase co compositor Jacob Clemens non Papa.
A quinta xeración (1560-1600) está determinada por Orlando di Lasso.
Ignace Bossuyt. De Guillaume Dufay á Roland de Lassus : les très riches heures de la polyphonie franco-flamande. Racine, 1996 Bruxelas. [ISBN 2-87386-086-3]
Robert Wangermée. "Guillaume Dufay et la Renaissance en musique". En Robert Wangermée e Philippe Mercier. La musique en Wallonie et á Bruxelles. Tomo I: Des origines au XVIIIe siècle. La Renaissance du Libre. Bruxelas, 1980. Páxinas 127-144.
Robert Wangermée. "La musique". En Freddy Joris. Wallonie. Atouts et références d'une Région. Gouvernement Wallon. Namur, 1995 .