Jean Richafort
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1480 (Gregoriano) Condado de Hainaut |
Morte | 1547 (Gregoriano) (66/67 anos) Bruxas, Bélxica |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Xénero artístico | Música renacentista e música clásica |
Profesores | Josquin des Prés |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) , |
Jean Richafort, nado arredor de 1480 e finado arredor de 1547, foi un compositor dos Países Baixos borgoñóns da época do Renacemento, pertencente ás escola francoflamenga.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Crese que Jean Richafort puido ter nacido en Hainaut, nos Países Baixos, e con máis seguridade sostense que faleceu na cidade de Bruxas. Semella que a súa lingua materna foi o francés.
Segundo Pierre de Ronsard, Richafort estudou con Josquin des Prés, para quen compuxo un requiem en 1532.
Foi mestre de capela da catedral de Saint-Rombaut, en Malines, entre os anos 1507 e 1509, e seguidamente na igrexa de Saint-Gilles, en Bruxas, entre 1542 e 1547, aínda que non se coñece exactamente o que fixo nese intermedio. Parece que traballou para a capela real de Francia durante algún tempo, xa que algunhas das súas composicións están destinadas a cerimonias relacionadas con Lois XII.
Algunhas evidencias suxiren que estivo en Bruxelas en 1531, quizais ao servizo de María de Hungría, daquela gobernadora dos Países Baixos españois.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Christus resurgens, motete (coa misa de Adrian Willaert baseada nel), CD Naxos 8.553211.
- Requiem [in memoriam Josquin Desprez], interpretado por The Huelgas Ensemble, CD Harmonia Mundi HMC 901874.
- Missa Pro Defunctis, interpretada por Cinquecento, CD Hyperion CDA67959.
- Requiem. Na memoria de Josquin Després, interpretado por The King's Singers, CD Signum SIG 326.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Partituras de Jean Richafort. En The Choral Public Domain Library.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gustave Reese, Music in the Renaissance. Nova York. W.W. Norton & Co, 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo "Jean Richafort" en The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Es. Stanley Sadie. Londres. Macmillan Ltd. 1980. [ISBN 1-56159-174-2]