Theodor Evertz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | década de 1500 (509/519 anos) |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Theodor Evertz (fl. c. 1554) foi un compositor dos Países Baixos dos Absburgo, da época do Renacemento, pertencente á escola francoflamenga.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco se coñece hoxe acerca de Evertz. Tres das súas cancións holandesas consérvanse na antoloxía de cancións holandesas titulada Dat ierste boeck vanden nieuwe Duijtsche liedekens, publicada por Jacob Baethen en Maastricht en 1554. Son as seguintes :
- O Venus jent aensiet toch mijn torment ("Oh Venus, torturador, ten piedade de min").
- Ontwaect Van slaep nu wij ghij sijt ("Esperta, quen queira que sexas").
- Schoen lief ic mach wel claeghen ("Miña amada, chora ao ceo").
Non se conserva ningún conxunto completo de partituras da antoloxía de Jacob Baethen (falta a voz de soprano), mais unha das cancións para catro voces foi publicada por Petrus Phalesius na súa obra Een Duijtsch musijck boeck, en 1572, da que se conserva polo menos unha copia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Theodor Evertz" en Encyclo.nl Nederlandse Encyclopedie.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bonda, Jan Willem. De meerstemmige Nederlandse liederen van de vijftiende en zestiende eeuw. Hilversum. Verloen, 1996. [ISBN 90-6550-545-8]