Saltar ao contido

Guillerme I de Hainaut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillerme I de Hainaut

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Guillaume le Bon
(de) Wilhelm der Gute
(nl) Willem de Goede Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1287 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xuño de 1337 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Valenciennes, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaValenciennes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Avesnes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJoana de Valois, Condessa de Hainaut (1305 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosCatherine d'Avesnes, Isabella d'Avesnes, Jan Aelman, Margarida II, Condessa de Hainault, Filipa de Hainaut, Joanna of Hainaut, William II of Hainaut Editar o valor en Wikidata
PaisJohn I of Hainaut Editar o valor en Wikidata  e Filipa de Luxemburgo Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohn of Beaumont
Maria de Avesnes
Alice of Hainault Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Regesta Imperii (pt) Traducir
Regesta Imperii VII (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hainaut-43

Guillerme I de Hainaut, nado circa 1286 e finado en Valenciennes o 7 de xuño de 1337, foi conde de Hainaut de 1304 a 1337 e conde de Holanda (Guillerme III de Holanda) de 1304 a 1337. Era fillo de Xoán I, conde de Holanda e de Filipa de Luxemburgo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende moi novo, participou activamente na loita que a súa familia mantiña contra os Dampierre, propietarios do condado de Flandres. Eliminou as tropas flamengas que invadiran os Países Baixos en apoio aos rebeldes de Zelandia e someteu ese condado.

Despois de morrer o seu irmán máis vello, Xoán ("Jean Sans Merci") na batalla de Courtrai (1302), despois da morte do seu pai, Xoán I de Hainaut, converteuse en herdeiro dos condados de Hainaut, Holanda e Zelandia.

En 1306 acordou co conde de Flandres unha tregua de catro anos. Pero a guerra retomouse despois deste prazo. Os holandeses e os zelandeses non o axudaron na guerra de Hainaut, co pretexto de que non estaban obrigados a facelo e que necesitaban defender as súas propias costas. Isto obrigouno, en 1310, a solicitar a paz nunhas condicións bastante duras para el[1].

En 1315, co apoio de Lois X de Francia, declarou de novo a guerra en Flandres para anular as condicións do tratado que fora obrigado a asinar en 1310. O monarca francés atacou Flandres polo Artois mentres Guillerme remontaba o Escalda cunha gran frota incendiando Rupelmonde e outros lugares de Waesland. Pero o mal tempo, debido ás fortes choivas, interrompeu a campaña[2]. Ao mal tempo sucedeu unha peste xeral en todo o país, o que propiciou a negociación o ano seguinte para un acordo de paz. Lois X morrera en xuño de 1316 e o seu sucesor, Filipe V tivo que afirmarse o trono de Francia polo que o tratado non se concluíu ata o 2 de xuño de 1320[3].

O seu traballo de goberno

[editar | editar a fonte]

A súa alianza con Francia contribuíu enormemente ao aumento da súa autoridade, así como a ter no seu favor, debido ao matrimonio das súas fillas, a Inglaterra e ao Imperio ademais da amizade de Bohemia, o axudou a se liberar do xugo de Flandres e Brabante. Liberou Zelandia e Holanda do Sur, apoderouse do bispado de Utrecht e someteu aos frisóns[4].

Rematou cos abusos do clero e da nobreza en materia de impostos. O 21 de marzo de 1322 concedeulles aos habitantes de Genly o privilexio de se gobernaren co mesmo foro que os de Mons. O seu celo pola xustiza fíxoo inflexíbel no castigo dos mandatarios que abusaban dos seus cargos[5].

En 1334, deu negociado a paz con Lois de Nevers e o duque de Brabante Xoán III que estaban en guerra durante dous anos. Ao comezo da Guerra dos Cen Anos, tomou o partido do seu fillo Eduardo III, rei de Inglaterra[6], contra o seu cuñado, o rei de Francia Filipe VI de Francia, e formou unha coalición co rei de Inglaterra, o duque de Brabante, o conde de Gueldre, o arcebispo de Colonia e o duque de Juliers.

Morreu en Valenciennes o 7 de xuño de 1337. Pouco despois da súa morte, déuselle o alcume de "O Bo", sen que se estea seguro sobre o seu fundamento[5].

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

O 19 de maio de 1305 casou con Xoana de Valois (1294-1352) e filla de Carlos I de Valois (1270-1325), conde de Valois, conde de Anjou e Maine; conde de Alençon, Chartres e Perche e Margarida de Anjou (1273-1299). O matrimonio tivo oito fillos:

  1. Kerroux 1778, p. 123.
  2. Dujardin 1757, p. 280.
  3. Dujardin 1757, p. 281.
  4. Dujardin 1757.
  5. 5,0 5,1 Dujardin 1757, p. 301.
  6. Dujardin 1757, p. 297.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]