Saltar ao contido

Gustavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGustavia
Imaxe

EpónimoGustavo III da Suécia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°53′55″N 62°50′57″O / 17.8986, -62.8492
EstadoFrancia
ColectividadeSaint-Barthélemy Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación9.131 Editar o valor en Wikidata
Creación1785 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal97133 Editar o valor en Wikidata

Gustavia é a principal cidade e capital da illa de Saint-Barthélemy (a miúdo abreviado como Saint-Barth en francés, ou St. Barts en inglés) . Debe o seu nome ao rei Gustavo III de Suecia.

Saint-Barthélemy foi reclamada por primeira vez por Francia, en 1648. A illa foi cedida a Suecia a cambio dos dereitos comerciais en Gotemburgo en 1784 e Suecia fundou a Svenska Västindiska Kompaniet. Prosperou durante as Guerras Napoleónicas, perdeu potencial a partir de entón, e a illa foi vendida a Francia en 1878.

O lugar foi chamado primeiro Le Carénage polo refuxio que proporcionaba aos buques danados. De acordo aos arquivos o nome Gustavia apareceu entre o 28 de decembro de 1786 e o 9 de febreiro de 1787. Gustavia permanece como un reflexo do período sueco.

Construíronse tres fortes a mediados e finais do século XVII protexendo o porto: Oscar (antes Gustav Adolf), Karl e Gustav. A Igrexa Anglicana Episcopal fronte á baía foi construída en 1855.

As localizacións de Fort Karl, con vistas a Shell Beach ao sur da cidade, e Fort Gustav, na base do faro cara ao norte, son populares entre os excursionistas. Fort Oscar, na punta da península de Gustavia, alberga a Xendarmería. Hai un museo ao final da estrada Victor Schoelcher na península. Gustavia ten algúns restaurantes que serven gastronomía americana, italiana, francesa e doutros tipos. Gustavia ten moitas boutiques de alta gama que son unha fonte esencial de ingresos para a illa, e un dos hoteis máis luxosos de clase alta da illa. Hai un Real Consulado de Suecia en Gustavia (Cónsul Dantes Magras).

Gustavia
Vista de Gustavia

O clima é tropical con só pequenas variacións na temperatura. A pequena superficie da illa de só 24 km² permítelle gozar dun clima suave e agradábel provocado polos ventos alisios. As temperaturas medias de auga e aire móvense ao redor dos 27 °C, o ano divídese en dúas estacións: unha seca, coñecida como a Coresma (Careme), e unha máis húmido no inverno. Esta última tempada sucede entre maio e novembro, e o omnipresente sol está nubrado por pasaxes curtos de nubes de choiva con breves períodos de choiva de 10 a 15 minutos. De acordo co sistema da Clasificación climática de Köppen Gustavia ten un clima tropical seco, abreviado "Aw" nos mapas climáticos.[1]

Economía

[editar | editar a fonte]

A moeda oficial de San Bartolomé é o euro.

  1. "Gustavia, Saint Barthélemy Köppen Climate Classification". Weatherbase.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2020. Consultado o 2015-06-19. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Información xeral