The Bottom
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino dos Países Baixos | |||
País | Países Baixos | |||
Illa | Saba ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 495 (2006) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 7 m ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
The Bottom (antes Botte) é a capital e a cidade máis grande da illa de Saba,[1] no Caribe neerlandés, e é a primeira parada no camiño dende o porto de Saba en Fort Bay cara ao resto da illa. Ten aproximadamente 500 habitantes do total de 1.991 insulares.
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade fundouse en 1632 por colonos procedentes de Zelandia. O nome orixinal da cidade era De Botte, unha antiga palabra neerlandesa para facer referencia a unha "cunca". O nome fai alusión á súa localización nun val relativamente plano rodeado de montañas. "The Bottom" (o fondo) é unha corrupción inglesa deste nome. Ao contrario do que suxere o seu nome, a cidade está a uns 220 msnm.
Pronto, os primeiros pobos zelandeses foron superados en número polos mariñeiros e piratas de Irlanda e Escocia, por un lado, e polos escravos africanos por outro. A illa volvéuse tan anglófona que o nome en inglés (The Bottom) convertéuse no máis común.
Linguas
[editar | editar a fonte]Os habitantes xeralmente falan neerlandés, por ser colonizados por eles e dependentes do Reino dos Países Baixos.
Tamén se pode atopar xente que domina o español, grazas a súa proximidade con países de fala española como Venezuela e Colombia.
Tamén se falan linguas nativas como o papiamento, oficial en toda a illa de Saba e en case todas as Antillas Menores, como Aruba, Curaçao e Bonaire.
Clima
[editar | editar a fonte]Datos climáticos para The Bottom, Saba (1971–2000) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 30,4 | 30,8 | 30,7 | 31,7 | 31,9 | 32,5 | 32,8 | 33,2 | 33,2 | 32,1 | 32,0 | 31,1 | 33,2 |
Media máxima en °C | 28,1 | 27,7 | 28,3 | 29,2 | 30,0 | 30,4 | 30,5 | 30,9 | 30,8 | 30,4 | 29,8 | 28,6 | 29,6 |
Media diaria en °C | 25,7 | 25,3 | 25,7 | 26,6 | 27,4 | 28,1 | 28,1 | 28,5 | 28,5 | 28,2 | 27,4 | 26,3 | 27,2 |
Media mínima en °C | 24,1 | 23,6 | 23,9 | 24,7 | 25,6 | 26,2 | 26,0 | 26,4 | 26,5 | 26,3 | 25,4 | 24,7 | 25,3 |
Temperatura mínima en °C | 20,8 | 20,0 | 21,4 | 22,1 | 22,6 | 23,1 | 21,8 | 22,0 | 22,4 | 22,4 | 22,6 | 21,3 | 20,0 |
Chuvia media mm | 36,8 | 75,3 | 35,4 | 28,1 | 95,9 | 44,4 | 60,8 | 77,0 | 60,5 | 35,5 | 134,5 | 76,5 | 760,5 |
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm) | 10,3 | 10,3 | 6,3 | 4,0 | 6,7 | 5,8 | 5,8 | 6,3 | 7,3 | 3,5 | 10,0 | 9,7 | 86,0 |
Humidade relativa media (%) | 82,0 | 82,3 | 78,2 | 78,8 | 78,0 | 81,9 | 84,5 | 88,8 | 87,4 | 81,2 | 71,1 | 74,5 | 80,7 |
Fonte: Meteorological Department Curaçao[2] |
Infraestrutura
[editar | editar a fonte]The Bottom alberga oficinas do goberno, un hospital, unha residencia de anciáns, un campo deportivo, tres igrexas, unha biblioteca, varias tendas e os 200 estudantes da Escola de Medicina da Universidade de Saba.[1]
Eventos
[editar | editar a fonte]Como capital da illa, The Bottom acolle varios eventos ao longo do ano. Durante o verán celébrase aquí o "Entroido de Saba". É un desfile cheo de cor acompañado da música de tambores de aceiro e artistas locais. É un evento moi esperado no calendario de Saba, xa que a maioría da illa xúntase para bailar, cantar e gozar do festival. O Entroido de Saba adoita durar uns días nos que a illa se centra na parte inferior.}
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 The villages of Saba (Saba Tourist Bureau)
- ↑ "The Bottom, Saba: Summary of Climatological Data, Period 1971-2000" (PDF). Meteorological Department Curaçao. Consultado o 22 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Bottom ![]() |