Saltar ao contido

Gustavo de Maeztu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGustavo de Maeztu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gustavo de Maeztu y Whitney Editar o valor en Wikidata
30 de agosto de 1887 Editar o valor en Wikidata
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 1947 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Lizarra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, escritor Editar o valor en Wikidata
MovementoCostumismo Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisManuel de Maeztu Rodríguez Editar o valor en Wikidata  e Juana Whitney Editar o valor en Wikidata
IrmánsRamiro de Maeztu
María de Maeztu Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1102236


Gustavo de Maeztu y Whitney, nado en Gasteiz o 30 de agosto de 1887 e finado en Estella o 9 de febreiro de 1947, foi un pintor e escritor español, membro fundador da Asociación de Artistas Vascos.[1] Era irmán do escritor Ramiro de Maeztu e da pedagoga María de Maeztu.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado no número 48 da rúa de la Florida, recibiu o nome civil de Gustavo de Maeztu e Whitney. Foi bautizado o 2 de setembro na igrexa de San Miguel co nome bautismal de Gustavo Jorge Pelayo Maeztu y Whitney.[2]

O seu pai foi o enxeñeiro Manuel de Maeztu y Rodríguez, hacendado cubano nado en Cienfuegos, de ascendencia rioxana. Fillo de Francisco Maeztu y Eraso, nado na vila de Alcanadre, emigrou a Cuba de mozo, onde casou con Ana Rodríguez, cubana de Villa Clara.[3] A súa nai, Juana Whitney Boné, nada en Niza, era filla do cónsul británico en Niza, Fernando Whitney, natural de Milán e Sara Boné, natural de Londres.[4][5] Esta diversidade xeográfica na súa xenealoxía foi a raíz do seu carácter cosmopolita.[2]

A parella, que nunca chegou a casar, tivo cinco fillos: Ramiro, Ángela, Miguel, María e Gustavo.[6] Porén, a morte do pai en Santa Clara (Cuba) en 1898 deixou a Juana Whitney e os seus fillos nunha situación precaria. Isto veu causado por mor dos confusos problemas administrativos ao redor da súa herdanza. Amais, o pai, Manuel, tiña dous enxeños de azucre, negocios derivados da pertenza de Cuba a España. A independencia de Cuba acabou con esas actividades, co afundimento en 1894 dos negocios familiares na illa.

A familia mandou a Ramiro, o irmán máis vello, a París, coa familia materna, a traballar nunha situación precaria. O resto da familia tívose que trasladar a Bilbao. Alí, Juana montou a Academia Anglo-Francesa (logo Academia Maeztu), onde Juana impartía inglés e Ángela francés.[7][8]

Viaxe a Francia, "El Coitao", Sevilla e volta

[editar | editar a fonte]

Tras un primeiro paso formativo por Biscaia, entre abril e xuño de 1907 alternou con Paco Durrio, Ignacio Zuloaga ou Tomás Meabe por París, onde coñeceu a Pablo Picasso.[4] Descubriu neses meses, nas súas visitas ao Museo do Louvre, a pintura española de Francisco Herrera el Viejo, Francisco de Zurbarán, El Greco, Diego Velázquez e José de Ribera.

En 1908, de regreso a España, instalouse en Bilbao co seu amigo José Arrue, tamén pintor. Ambos implicáronse na creación do xornal El Coitao, un grupo de mozos de entre vinte e trinta anos, coa axuda de Miguel de Unamuno, Ramón Basterra, Juan de la Encina, Tomás Meabe e José María Salaverría.[9]

Tras esta experiencia, pasaron a Semana Santa e a Feira de Abril en Sevilla, onde o espectáculo taurino influíu neles. Alí xuntáronse con outro pintor, o arxentino Pablo Arriarán, a quen coñeceran en París, e coincidiron cos irmáns José e Manuel Gutiérrez Solana ou con Ricardo Baroja. Xuntos percorreron Sevilla até finalizar a feira. Máis tarde, Arriarán, Maeztu e Arrue alugaron un cuarto en Triana, fronte á Torre del Oro. Alí viviron e traballaron uns meses até o verán. Nalgunha ocasión visitaron gandarías como a de Miura.[10]

En 1909, nunha España convulsa, Maeztu e o seu amigo Tomás Moabe foron desterrados a Francia. Alí aloxáronse no casarío Lutchienea, en Saint Jean le Vieux. Aproveitou para continuar pintando e gañando experiencia. Tamén desenvolveu máis a fondo a súa faceta literaria, a cal deu lugar, nos anos seguintes, a tres novelas.[11]

Actividade literaria e a Asociación de Artistas Vascos

[editar | editar a fonte]

En 1910 naceu a Asociación de Artistas Vascos que, durante vinte e cinco anos, impulsou a súa imaxe artística no estranxeiro.[12] Organizou unha exposición en que participaron varios artistas. Aproveitando a mostra organizada en setembro ao artista Nemesio Mogrobejo, varios artistas, á vez que escribían nos medios (como o mesmo Gustavo, Tomás Meabe ou Juan de la Encina), desenvolveron reunións e encontros co fin de tratar a fundación dun Círculo de Belas Artes.[13]

Estes anos, amais dos seus frecuentes artigos en prensa, publicou as súas primeiras novelas. En 1910 publica “Andanzas y episodios del Sr. Doro” e o ano seguinte, “El gato azul”, cualificada polo autor como novela de acción.[14]

O 29 de outubro xurdiu o proxecto asociativo. Formaban parte da xunta directiva Alberto Arrue, como presidente, e Gustavo de Maeztu como un dos seus membros.[15]

No nacemento do cinema español

[editar | editar a fonte]

En 1913, por vencellos familiares, participou como actor no primeiro filme ben documentado de Benito Perojo, “Fulano de tal se enamora de Manón”, xunto a Consuelo Torres, cupletista coñecida como Manón.[16]

Xira de Exposicións (1914-1933)

[editar | editar a fonte]

O 15 de maio de 1914 realizou en Barcelona, nas Galerías Dalmau, a súa primeira exposición individual. Foi a primeira dun ciclo que o levou por varias cidades españolas durante os anos seguintes, como Madrid, Donosti, Bilbao, Salamanca ou Gasteiz. Alternando con estas e outras cidades, durante os anos seguintes resaltaron algunhas exposicións internacionacionales:

  • 1920: Sheffield e Leeds (Reino Unido)
  • 1921: The Walker's Gallery (Londres, Reino Unido)
  • 1922: Galerías Devambez (París)
  • 1934: Exposicións itinerantes de gravadores españois en Graz e Viena (Austria) e en Múnic (Alemaña)[17]

En Navarra, últimos anos (1933-1947)

[editar | editar a fonte]

Nunha das súas numerosas viaxes, entre o 1 e o 15 de xullo de 1933, co apoio do doutor Juaristi, expuxo nunha exposición organizada pola Escola de Artes e Oficios de Pamplona.[18] Por primeira vez puidéronse ver en Navarra os seus «óleos orixinais, unhas estampas ou gravados que chama autolitografías e despois, unhas mostras dun procedemento de pintar sobre o cemento (encaústicas)».[19] Aproveitou esa primeira estancia para visitar Navarra, especialmente os mosteiros de Iratxe e de La Oliva.[20]

O 17 de maio de 1935 a Deputación Foral de Navarra encargoulle a decoración mural do novo Salón de Sesións do Palacio de Navarra en Iruñea, traballo que finalizou en maio de 1936. En xuño instalouse coa nai na cidade de Estella. Alí pensaban pasar o verán de 1936, mais vense sorprendidos polo inicio da Guerra Civil española. O seu irmán Ramiro, quen os visitou en Estella, regresou a Madrid o 12 de xullo. Co golpe de Estado foi apresado e fusilado o 11 de novembro.[21]

Estes anos, amais de percorrer Navarra, realizou varios murais en edificios construídos polo seu amigo Víctor Eusa, como o Hospital de San Juan de Dios. Tamén realizou cadros para a familia Baleztena (do Xeneral Zumalacárregui) ou para a nova parroquia de San Francisco Javier, cun cadro sobre o santo misioneiro.[22]

Finou con 59 anos o 9 de febreiro de 1947 en Estella.

Legado artístico

[editar | editar a fonte]

Os tres centros onde se conservan a maioría das súas obras son:

  • O Museo Gustavo de Maeztu de Estella, no Palacio de los Reyes de Navarra.[23]
  • O Museo de Belas Artes de Araba, a súa cidade natal.[24]
  • O Museo de Belas Artes de Bilbao, cidade onde viviu moitos anos.[25]

A súa obra transcorre entre o costumismo (tanto vasco como castelán), a paisaxe, o modernismo e outras influencias.

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 1910: Medalla e diploma pola súa participación na exposición Arte e Industrias decorativas en México, entre o 9 de setembro e 2 de novembro, polo I Centenario da Independencia de México.[12]
  • 1917: Terceira Medalla Exposición Nacional polo tríptico Tierra ibérica y ofrenda de Levante a la Tierra Española.[26]
  • En Iruñea hai unha rúa "Pintor Maeztu".
  • En Estella, amais da rúa "Gustavo de Maeztu", tamén existe unha placa conmemorativa na casa onde residiu, na rúa Maior.[27]

Exposicións

[editar | editar a fonte]
  • 1905: A súa primeira exposición colectiva na Exposición de Belas Artes de Bilbao.
  • 1913: II Exposición de Arte Moderna, nos salóns da Sociedade Filharmónica de Madrid.
  • 1914: A súa primeira exposición individual, nas Galerías Dalmau de Barcelona.
  • 1915: En xuño, na sala Can Parés (Barcelona).
  • 1920-1921: Exposicións no Reino Unido (Sheffield, Leeds, Londres).
  • 1921: Exposición de Artistas Vascos (Bilbao).
  • 1923: Exposición de Artistas Vascos (Bilbao).
  • 1940: Participa na I Exposición de Artistas Navarros (Iruñea).
  • 2011: Retrospectiva de 50 das súas obras (Museo de Belas Artes de Áraba).[28]
  1. Llano Gorostiza, Manuel (1977). "Regionalismo y socialismo en el arte vasco" (en español) (25): 31–36. ISSN 0210-1254. 
  2. 2,0 2,1 (Paredes Giraldo 1995, p. 11)
  3. González Cuevas, Pedro Carlos (2003). Maeztu: biografía de un nacionalista español. Marcial Pons. p. 29. ISBN 978-84-95379-65-8. 
  4. 4,0 4,1 Paredes Giraldo, Camino. "Biografía Gustavo de Maeztu". Consultado o 28 de decembro de 2019. 
  5. Serafín Porto, Ángel; Vázquez Ramil, Raquel (2015). María de Maeztu. Una antología de textos. Dykinson. pp. 42–43. ISBN 978-84-9085-361-0. 
  6. Sánchez Seoane, Loreto (21 de xuño de 2016). "El alma de los Maeztu (María Josefa Lastagaray presenta la biografía de su tía abuela María de Maeztu Whitney)". El Mundo (Madrid). Consultado o 28 de decembro de 2019. 
  7. Juana Whitney en la Enciclopedia Vasca Auñamendi
  8. Serafín Porto, Ángel; Vázquez Ramil, Raquel (2015). María de Maeztu. Una antología de textos. Dykinson. p. 43-44. ISBN 978-84-9085-361-0. 
  9. (Paredes Giraldo 1995)
  10. "Gustavo de Maeztu. El artista y sus épocas: Sevilla 1908" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  11. "Gustavo de Maeztu. El artista y sus épocas: Biarritz 1909" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  12. 12,0 12,1 (Paredes Giraldo 1995, p. 29)
  13. (Paredes Giraldo 1995, p. 33)
  14. (Paredes Giraldo 1995, p. 36)
  15. (Paredes Giraldo 1995, p. 37)
  16. (Paredes Giraldo 1995)
  17. (Paredes Giraldo 1995)
  18. (Paredes Giraldo 1995, p. 138)
  19. Juaristi, Victoriano (setembro de 1933). "Los pintores en la Exposición de Julio" (3). Emilio García Enciso: 86–90. Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 
  20. (Paredes Giraldo 1995, p. 234)
  21. (Paredes Giraldo 1995, p. 235)
  22. (Paredes Giraldo 1995)
  23. "Museo Gustavo de Maeztu". 
  24. "Catálogo del Museo de Bellas Artes de Álava". 
  25. "Catálogo del Museo de Bellas Artes de Bilbao". 
  26. https://web.archive.org/web/20131026020414/http://www.euskomedia.org/aunamendi/90969
  27. "Gustavo de Maeztu cuenta ya con una placa en el edificio estellés donde residió". Diario de Noticias de Navarra (en castelán). 2011-02-06. Consultado o 2022-11-20. 
  28. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Manterola Armisén, Pedro; Sánchez-Ostiz, Miguel; Zubiaur Carreño, Francisco Javier (1991). Goberno de Navarra, Departamento de Educación, Cultura e Deporte, ed. Gustavo de Maeztu (2 ed.). Pamplona. ISBN 84-235-1039-5. 
  • Paredes Giraldo, Camino (1995). Gustavo de Maeztu. Pamplona: Caja de Ahorros Municipal. ISBN 9788492007523. Archived from the original on 23 de maio de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2019. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]