Héctor Veira
Nome orixinal | Héctor Rodolfo Veira Sinetti | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 29 de maio de 1946 (78 anos) Buenos Aires, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,81 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Héctor Rodolfo Veira Sinetti, nado en Buenos Aires o 29 de maio de 1946, é un exfutbolista e ex-adestrador arxentino. Moi vencellado a San Lorenzo, gañou con este equipo un campionato nacional como xogador e outro como adestrador. Os seus logros máis destacados nos bancos foron co River Plate, co que gañou en 1986 o campionato arxentino, a Copa Libertadores e a Copa Intercontinental. Dirixiu varios equipos máis, entre eles Vélez Sarsfield, Boca Juniors, o Cádiz de España ou a selección de Bolivia.
Entre 1991 e 1992 cumpriu unha condena de cárcere por abusos sexuais a un menor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Fillo de galegos,[1] naceu en Buenos Aires o 29 de maio de 1946. Comezou a súa carreira como futbolista no San Lorenzo de Almagro en 1963. Ao ano seguinte proclamouse máximo goleador do campionato arxentino, ao marcar 17 goles. Formaba a liña ofensiva dos chamados Carasucias, xunto a Fernando José Areán, Narciso Doval, Roberto Telch e Victorio Casa.
Con San Lorenzo foi campión do Torneo Metropolitano de 1968, gañando o título de xeito invicto, cun equipo que pasou á historia co nome de Os Matadores. En total sumou 128 partidos con San Lorenzo no campionato arxentino, convertendo 68 goles
En 1970 fichou por Huracán, onde rendeu a un bo nivel, convertendo 21 goles en 45 partidos ata 1971. Ese ano foi traspasado ao Laguna de México, onde vestiu o dorsal 10 e foi capitán do equipo. Marcou 13 goles na Primeira División Mexicana na tempada 1971/72 e 5 na seguinte.[2][3]
En abril de 1973 chegou a España para fichar polo Sevilla.[4] Alí xogou varios partidos amigables, pero ningún oficial, deixando o club en agosto.[5]
A continuación regresou a San Lorenzo, antes de fichar por Banfield, co que marcou 9 goles en 16 partidos. Pasou logo polo Comunicaciones de Guatemala, o Corinthians do Brasil, e o Universidad de Chile. O seu último partido foi o 22 de xuño de 1978, xogando no Oriente de Bolivia.
Selección arxentina
[editar | editar a fonte]Foi internacional en dúas ocasións coa selección arxentina, coa que disputou un partido de clasificación para o Mundial de 1966, e outro encontro en 1967.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como adestrador no San Lorenzo, ao que dirixiu en dúas etapas entre 1980 e 1984. Tras un breve paso por Vélez Sársfield, colleu as rendas do River Plate, sendo na súa primeira tempada subcampión do Torneo Nacional por detrás de Ferro Carril. Na tempada 1985/86, cun cadro de xogadores no que estaban entre outros Enzo Francescoli, Nery Pumpido, Beto Alonso, Oscar Ruggeri, Héctor Enrique, Américo Gallego e Nelson Gutiérrez, proclamouse campión da Primeira División, con 10 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Vélez Sársfield.
Na Copa Libertadores de 1986 quedou encadrado no grupo 1 con Boca Juniors, Peñarol e Montevideo Wanderers. Conseguiu cinco vitorias e un empate nos seis partidos e pasou como primeiro de grupo, igual que na segunda fase, na que superou a Argentinos Juniors e Barcelona. Na final enfrontouse ao América de Cali adestrado por Gabriel Ochoa Uribe, ao que derrotou tanto na ida no Estadio Olímpico Pascual Guerrero (1-2) como na volta no Monumental (1-0), con goles de Troglio, Sperandío e Funes, conseguindo así a primeira Libertadores da historia do club. Dous meses despois disputou no Estadio Nacional de Toquio a Copa Intercontinental contra o Steaua Bucarest de Anghel Iordănescu, ao que derrotou cun solitario tanto do uruguaio Antonio Alzamendi.[6]
Despois volveu ao San Lorenzo, onde a súa actividade se viu interrompida como consecuencia da denuncia de violación que se presentou contra el en outubro de 1987. Con todo, continuou no club ata 1989. En 1990 chegou ao fútbol español para adestrar o Cádiz na tempada 1990/91 da Primeira División, pero non rematou a campaña, sendo destituído despois de 29 xornadas, co equipo na última posición.
En 1991, ao tempo que se sucedían as distintas instancias burocráticas do proceso xudicial, foi contratado por Vélez Sarsfield, club contra o que debutara como xogador facía 28 anos, para facerse cargo do primeiro equipo, sucedendo a Roberto Rogel, para afrontar o Torneo Apertura de 1991. O 30 de agosto, mentres dirixía un adestramento matinal (dous días antes de debutar no campionato), foi informado da sentenza ditada pola xustiza arxentina, fixada inicialmente en seis anos de cárcere. Tras disputarse as cinco primeiras citas do torneo, tivo que deixar o cargo para cumprir condena no cárcere de Devoto.
En 1992, unha vez posto en liberdade condicional, volveu dirixir a San Lorenzo, club no que estivo catro anos. En 1995 conquistou o Torneo Clausura, máis de 20 anos despois do último título, cun cadro de xogadores entre os que destacaban Oscar Ruggeri, Paulo Silas ou Oscar Passet.
En xaneiro de 1997 púxose á fronte de Boca Juniors. Foi subcampión do Torneo Apertura de 1997, por detrás de River, e deixou o equipo a mediados de abril de 1998, debido aos malos resultados. Dende finais de 1998 ata principios de 2000 foi o adestrador da selección boliviana.
De novo na Arxentina, traballou como comentarista deportivo e adestrou o Lanús o Newell's Old Boys de Rosario e o Quilmes, antes de regresar durante uns meses ao San Lorenzo. En decembro de 2010 asumiu o cargo de secretario técnico do San Lorenzo.
Condena por abuso sexual
[editar | editar a fonte]O 17 de outubro de 1987 foi denunciado pola violación dun adolescente de trece anos. O neno, xunto cun amigo, pedíronlle un autógrafo na rúa. Veira díxolles que a súa pluma non funcionaba e pediulle ao rapaz que o acompañase a un piso da súa propiedade que estaba nas proximidades. Aquela noite o neno contoulle á súa nai que Veira o violara.[7][8]
Veira negou os feitos, sostendo que o menor pedira un autógrafo e que simplemente o invitara a entrar nun piso da súa propiedade para entregarlle unha bandeirola. Como coartada, mantivo que estaba presente unha sobriña dela, Adriana Veira, que afirmou vivir no piso de Veira e estar presente aquel día. No xuízo probouse que a declaración da súa sobriña era falsa, sendo condenado en 1995 a dous anos de prisión en suspenso por falso testemuño, así como a unha indemnización económica para a familia do menor afectado.[7]
O 4 de abril de 1988 foi declarado culpable en primeira instancia do delito de tentativa de violación e promoción de corrupción de menor, sendo condenado a catro anos de prisión.[7] A Sala IV da Cámara Nacional de Apelacións no Criminal e Correccional revocou a condena e absolveu a Veira, aplicándolle o beneficio da dúbida, por considerar que as probas reunidas non bastaban para probar a existencia material do feito que se lle imputaba.[7] O 24 de abril de 1991, a Corte Suprema de Xustiza considerou arbitraria a decisión da Cámara de aplicar o beneficio da dúbida e ordenou ditar unha nova sentenza.[7] O 30 de agosto de 1991, a Sala VI da Sala ditou unha nova sentenza na que se declarou a Veira culpable de violación dun menor, e condenouno a seis anos de prisión.[9] O 4 de outubro de 1991 foi enviado a prisión para cumprir a súa condena no cárcere de Devoto.[10]
O 8 de setembro de 1992, o Tribunal Supremo volveu intervir e cualificou o delito de “intento de violación”, reducindo a pena a tres anos. Dado que Veira cumprira xa máis dun terzo da súa condena, quedou en liberdade o 17 de setembro de 1992, tras cumprir once meses e trece días de prisión.
Trala súa saída de prisión, volveu de inmediato a traballar no San Lorenzo como adestrador tras ser solicitado polo presidente Fernando Miele.[11][12] Conseguiu reintegrarse no mundo do fútbol, pero durante moito tempo foi recibido nos estadios con berros de "violador".[13]
En 1998 foi condenado a pagar unha indemnización de 110.000 pesos arxentinos (equivalentes a 110 mil dólares) polos danos psicolóxicos. O xuíz no Civil Luis Dupuo considerou viables os argumentos da familia da vítima.[14][15]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]- San Lorenzo
- Primeira división da Arxentina (1): Metropolitano 1968.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]- River Plate
- Primeira división da Arxentina (1): 1985/86.
- Copa Libertadores (1): 1986.
- Copa Intercontinental (1): 1986.
- San Lorenzo
- Primeira división da Arxentina (1): Clausura 1995.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Coctel deportivo". El Progreso (en castelán) (18426). 3 de novembro de 1966. p. 6. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "Primeira división de México 1971/72". RSSSF (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "Primeira división de México 1972/73". RSSSF (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "Otro oriundo para el Sevilla". El Pueblo Gallego (en castelán) (18075). 13 de abril de 1973. p. 13. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "Todos los argentinos que han jugado en el Sevilla FC" (en castelán). 1 de febreiro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ De Benedictis, Adrián (14 de decembro de 2021). "River campeón del mundo: a 35 años de una jornada histórica" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Sentenza caso Veira, Héctor R. s/ Violación". cedesyc.com (en castelán). 24 de abril de 1991. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2017.
- ↑ Ares, Carlos (31 de outubro de 1987). "Nuevas evidencias contra Veira, acusado de intentar violar a un menor". El País (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "Carmen Argibay Señora jueza". La Nación. 14 de octubre de 2001. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2018. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "Ya estuvo preso" (en castelán). 18 de xullo de 1998. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ Baños, Facundo (10 de outubro de 2018). "Bambino, el ídolo que violó" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2021. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ Pons, Juan Manuel (11 de maio de 2020). "Cuando el Bambino Veira salió de la cárcel y volvió a las canchas" (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "Práxedes Candelmo lucha contra el coronavirus como enfermera del Argerich: “Lo del Bambino Veira es cosa del pasado”" (en castelán). 13 de maio de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "Una nueva condena para Veira". La Nación (en castelán). 18 de xullo de 1998. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ "La Justicia condenó al Bambino Veira". Diario Olé (en castelán). 18 de xullo de 1998. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 29 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFA.com.ar (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1946
- Nados en Buenos Aires
- Arxentinos de ascendencia galega
- Futbolistas da Arxentina
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro
- Xogadores do CA Huracán
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do CA Banfield
- Xogadores do Sport Club Corinthians Paulista
- Xogadores do Club Universidad de Chile
- Xogadores do Club Petrolero
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro
- Adestradores do CA Vélez Sársfield
- Adestradores do CA River Plate
- Adestradores do Cádiz CF
- Adestradores do CA Boca Juniors
- Adestradores da selección de fútbol de Bolivia
- Adestradores do CA Lanús
- Adestradores do CA Newell's Old Boys
- Adestradores do Quilmes Atlético Club