HMS Black Prince (1904)
Aparencia
HMS Black Prince | |
---|---|
O HMS Black Prince en 1914 | |
Historial | |
Estaleiro | Thames Ironworks |
Clase | Duke of Edinburgh |
Tipo | cruceiro acoirazado |
Posta en grella | 3 de xuño de 1903 |
Botado | 8 de novembro de 1904 |
Asignado | 17 de marzo de 1906 |
Destino | afundido o 31 de maio de 1916 na batalla de Xutlandia |
Características xerais | |
Eslora | 154,1 m |
Manga | 22,4 m |
Puntal | 8,2 m |
O HMS Black Prince foi un cruceiro acoirazado da clase Duke of Edinburgh construído para a Royal Navy a mediados da década de 1900. Foi destinado ao mar Mediterráneo cando comezou a Primeira Guerra Mundial e participou na persecución do cruceiro de batalla alemán SMS Goeben e do cruceiro lixeiro SMS Breslau. Despois de que os barcos alemáns acadasen as augas otomás, o Black Prince foi enviado ao mar Vermello a mediados de agosto para protexer os convois de tropas que chegaban da India e para buscar buques mercantes alemáns. Despois de capturar dous barcos, o Black Prince foi transferido á Grand Fleet en decembro de 1914 e foi afundido durante a batalla de Xutlandia o 31 de maio de 1916, morrendo todos os seus tripulantes.