Hado Lyria
Aparencia
Hado Lyria, pseudónimo de Myriam Sumbulovich, nada en Laye (Francia) en 1940 e finada en Milán o 27 de abril de 2022, foi unha poeta, xornalista, tradutora e pintora española que viviu e traballou en Italia dende 1958.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hado Lyria naceu en Laye[1] en 1940 de nai catalá e pai sefardí orixinario de Saraxevo, Bosnia e Hercegovina.[2][3][4]
Dende nova probou coa pintura, primeiro nos EUA e despois en Italia, na Academia de Brera.[5]
Traduciu ao italiano a maioría das novelas de escritores como Manuel Vázquez Montalbán, Juan Marsé, Jorge Luis Borges ou Fernando Savater.
Gañou o Premio de Tradución Grinzane Cavour en 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hado Lyria" (PDF) (en castelán). novembre 1975.
- ↑ "Toda palabra ya está escrita en el agua".
- ↑ "LYRIA, Hado (Seudónimo de Myriam Sumbulovich) - Delenda (Poemas 1992-1997)".
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de maio de 2022.
- ↑ "Hado Lyria" (PDF) (en castelán). novembre 1975.