Halterio
Non confundir con haltera aparello ximnástico.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/61/Halteres-Tipule.jpg/220px-Halteres-Tipule.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/Strepsiptera-halictophagida.gif/220px-Strepsiptera-halictophagida.gif)
Os halterios, tamén chamados balancíns, son pequenas estruturas en forma de maza, que son modificacións dun dos dous pares de ás nalgúns dos insectos alados.[1]
Nos diferentes grupos[editar | editar a fonte]
A maioría dos insectos alados teñen dous pares de ás (aínda que algúns, como os coleópteros só utilicen para o voo as ás do segundo par, primeiro está endurecido e funciona como coiraza cando o insecto está pousado (os élitros).
Na orde dos dípteros (moscas e mosquitos) ás ás posteriores modificáronse en halterios.
Mentres que nos da orde dos estrepsípteros, pequenos insectos parasitos de abellas, avespas e cascudas son as ás anteriores as que se transformaron en halterios.
Función[editar | editar a fonte]
Estas estruturas axítanse rapidamente durante o voo. Conteñen os chamados órganos cordotonais, sinxelos órganos posicionais que funcionan como xiroscopios, informando ao insecto sobre a rotación do corpo durante o voo e a súa posición espacial.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
A palabra halterio provén do grego antigo ἁλτῆρες altḗres, un derivado do veebo ἅλλομαι hállomai, 'saltar', 'lanzarse'. (Cf. ἅλμα hálma, 'saltando').[2][3][4]
Estes ἁλτῆρες ou halteras eran un tipo de pesos duplos utilizados na Antiga Grecia, nos deportes, eran utilizados no levantamento de pesas (desta mesma orixe deriva o termo deportivo haltera, usado na halterofilia), e tamén como pesos na versión antiga do salto de lonxitude, que probabelmente consistía nun conxunto de tres saltos.[5][6][7]
No salto, as halteras levábaas o atleta en ambas as mans para poder saltar a unha distancia maior. Talvez as deixaban caer tras o primeiro ou o segundo salto. Segundo evidencias arqueológxicas, o atleta balancearía os pesos cara a atrás e logo o botaba cara a adiante xusto antes do salto e faríaas pivotar cara a atrás xusto antes de liberalas e chegar ao chan. Desta manobra de balanceamento probabelmente deriven os sinónimos vulgares do galego e castelán balancín,[1][8] do portugués balancim,[9] e do catalán balancí,[10] para halterio, haltere e halteri, respectivamente. No italiano só se usa o termo bilanciere.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 halterio s m. ENTOM Par de apéndices, capitados e móbiles, que substitúen o segundo par de ás nos dípteros. OBS: Tamén se denominan balancín. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISNB 84-7680-504-7.
- ↑ ἁλτῆρες
- ↑ ἅλλομαι
- ↑ ἅλμα
- ↑ Gardiner, Norman (2002). "Athletics in the Ancient World". Dover (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Pearl, Bill (2005). "Getting Stronger: Weight Training for Sports" (en inglés). Shelter. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ Miller, Stephen G. (2006). "Ancient Greek Athletics" (en inglés). Yale University Press. Consultado o 20 de marzo de 2017.
- ↑ balancín, 10ª acep., no DRAE.
- ↑ Klowden, M. J. (2007): Physiological systems in insects. Elsevier/Academic Press. pp. 497-499.
- ↑ balancí, 4ª ecep. No Diccionari da la llengua catalana. Barcelona / Palma de Mallorca / València: Institut d'estudis catalans, 1995, ISBN 84-2973-981-5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Yarger, AM; Fox, JL. "Dipteran Halteres: Perspectives on Function and Integration for a Unique Sensory Organ". Integr Comp Biol 56: 865–876. PMID 27413092. doi:10.1093/icb/icw086.
- Pringle, J. W. S. (1948). "The Gyroscopic Mechanism of the Halteres of Diptera". Phil. Trans. R. Soc. B. 233 (602): 347–384. doi:10.1098/rstb.1948.0007.
- Fraenkel, G.; Pringle, J. W. S. (1938). "Biological sciences: halteres of flies as gyroscopic organs of equilibrium". Nature 141: 919–920. doi:10.1038/141919a0.
- Dickinson, M. H. (1999). "Haltere–mediated equilibrium reflexes of the fruit fly, Drosophila melanogaster". Phil. Trans. R. Soc. B. 354 (1385): 903–916. PMC 1692594. PMID 10382224. doi:10.1098/rstb.1999.0442.
- Frye, M. A. (2009). "Neurobiology: fly gyro-vision". Curr. biol. 19 (24): 1119–1121. PMID 20064422. doi:10.1016/j.cub.2009.11.009.
- Frye, M (2015). "Elementary motion detectors". Curr. biol. 25 (6): 215–217. PMID 25784034. doi:10.1016/j.cub.2015.01.013.
- Graham, T. K.; Krapp, H. G. (2007). "Sensory Systems and Flight Stability: What do Insects Measure and Why?.". Adv. Insect Physiol 34: 231–316. doi:10.1016/S0065-2806(07)34005-8.