Hay Day
Hay Day | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Supercell |
Versión | 1.47.96 |
Lanzamento | 21 de xuño de 2012 |
Xénero | Simulación |
Modos de xogo | Un xogador, multixogador |
Plataforma(s) | Android, iOS |
Requisitos | iOS 9.0.0 o versión superior (iPhone, iPad e iPod Touch). Android 4.1.0 o versión superior. É requirida unha conexión de rede. |
Serie | Xogos de Supercell |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hay Day é un videoxogo para móbiles tipo freemium de agricultura desenvolvido e publicado por Supercell. Hay Day foi lanzado[1] para iOS o 21 de xuño do 2012 e para Android o 20 de novembro do 2013. Segundo un informe de 2013, Supercell gañou[2] 30 millóns de dólares ao mes grazas a Hay Day e a Clash of Clans, outro xogo creado por Supercell. No 2013, Hay Day foi o cuarto xogo máis alto en ingresos xerados[3].
Trama
[editar | editar a fonte]O tío do xogador decide xubilarse e deixar unha granxa, pero le ofrece ao xogador a oportunidade de quedársela e cuidarla. O xogo comenza coa presentación dun espantallo que ensina ao xogador acerca da colleita do trigo. Ao vender cultivos e produtos, o xogador gañará moedas que poderán usarse para comprar edificios de produción, mascotas e artigos de decoración. Ao facelo, tamén obterá puntos de experiencia (EXP), que permiten subir de nivel. A medida que avance o xogo, Angus, un amigo do tío do xogador, será introducido na trama e ensínalle sobre a pesca.
Os xogadores poden agruparse en "veciñanzas", onde os membros poden axudarse mutuamente cando o necesiten, conversar entre eles ou doar artigos, entre outros. Só poderán doar 20 obxectos ao día e pedir cousas cada 12 horas.
Xogabilidade
[editar | editar a fonte]Varios cultivos son desbloqueados nas diferentes etapas do xogo; cultivos como o trigo e os plátanos, e árbores froiteiras e arbustos. O xogador tamén pode comprar animais de granxa, pescar e capturar animais acuáticos como peixes, lagostas e patos; e comprar animais de compañía que deben ser alimentados para obter EXP. O xogador tamén pode aumentar os terreos da súa granxa noutras etapas.
Recepción
[editar | editar a fonte]Publicación | Cualificación |
---|---|
Gamezebo | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Metacritic | 67/100[5] |
Pocket Gamer | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pocket Gamer[7] outorgoulle un premio de bronce. Na Google Play[8] ten unha recepción de 4,5 sobre 5 e na App Store[9] ten unha recepción de 4,5 sobre 5.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hay Day dispoñible para Android!". Forum Supercell (en inglés). 20 de novembro do 2013. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2016. Consultado o 7 de xullo de 2020.
- ↑ "Supercell gaña 30 millóns de dólares ao mes". International Business Times (en inglés). 12 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2020.
- ↑ "Por qué os xogos gratuítos son cada vez máis as aplicacións máis rendibles?". Quartz (en inglés). 30 de xaneiro de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2020.
- ↑ "Revisión de Hay Day". Gamezebo (en inglés). 3 de xullo de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2020.
- ↑ "Hay Day (iOS)". Metacritic (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ "Análise de Hay Day". Pocket Gamer (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ "Análise de Hay Day". Pocket Gamer (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ "Hay Day na Google Play". Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ "Hay Day na App Store" (en español). Consultado o 6 de xullo de 2020.