Heaven Upside Down
Heaven Upside Down | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Marilyn Manson | ||||
Publicado | 6 de outubro de 2017 | |||
Estudio(s) | Abattoir Studios, Studio City, California | |||
Duración | 47:29 | |||
Xénero(s) | metal industrial, punk rock, glam rock, rock gótico | |||
Selo(s) | Loma Vista, Caroline | |||
Produtor | Tyler Bates | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Heaven Upside Down é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de metal industrial Marilyn Manson, publicado o 6 de outubro de 2017 a través dos selos Loma Vista Recordings e Caroline International. O disco tiña o título de traballo Say10 e inicialmente ía ser editado o día de San Valentín. Porén, o lanzamento adiouse debido a que Manson non estaba contento coa calidade do disco nesas datas, a banda tiña concertos comprometidos, e o produtor Tyler Bates tiña programados traballos con varias bandas sonoras. Posteriormente adiouse aínda máis debido á morte do pai de Manson, Hugh Warner, que morreu durante a produción do traballo e ao que a banda dedicou o álbum.
O disco conta con moitos dos músicos que participaron no anterior álbum da banda, The Pale Emperor, como Bates e Gil Sharone. Twiggy Ramírez, baixista da banda durante moitos anos, non participou nas sesións de gravación a pesar de que inicialmente Manson suxeríu que podería facelo. Twiggy deixou o grupo despois do lanzamento do álbum despois de que unha antiga moza o acusase de violación. Foi substituído nos seguintes concertos polo antigo baixista de The Mars Volta Juan Alderete.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Marilyn Manson, toda a música composta por Tyler Bates.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Revelation #12" | 4:42 | |||||||
2. | "Tattooed in Reverse" | 4:24 | |||||||
3. | "We Know Where You Fucking Live" | 4:32 | |||||||
4. | "Say10" | 4:18 | |||||||
5. | "Kill4Me" | 3:59 | |||||||
6. | "Saturnalia" | 7:59 | |||||||
7. | "Jesus Crisis" | 3:59 | |||||||
8. | "Blood Honey" | 4:10 | |||||||
9. | "Heaven Upside Down" | 4:49 | |||||||
10. | "Threats of Romance" | 4:37 | |||||||
47:29 |
Heaven Upside Down | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
11. | "Kill4Me" (Mystery Skulls Remix) | 3:39 | |||||||
51:08 |