Heinz Tursky
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de decembro de 1941. |
Morte | 16 de abril de 1923 (82 anos) |
País de nacionalidade | Austríaca. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Premios | |
2012: Medalla Eckhel (OENG). |
Heinz Tursky, nado o 14 de decembro de 1941 e finado o 16 de abril de 2023, foi un numismático austríaco especializado na moeda do Tirol.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e carreira docente
[editar | editar a fonte]Heinz Tursky foi o primeiro dos tres fillos de de Walter e Anna Tursky.[1] Cursou a súa primeira educación en Kufstein. Aos seus 10 anos iniciouse na numismática como coleccionista afeccionado.[2]
Posteriormente estudou Química en Innsbruck. En 1969 aprobou as oposicións para o ensino secundario nesa especialidade, que exerceu no Bundes-Oberstufen realgymnasium de Innsbruck e, durante 24 anos, na Academia Pedagóxica Federal.[2]
Carreira numismática
[editar | editar a fonte]En paralelo á súa carreira docente foi cultivando os seus coñecementos numismáticos. En 1966 ingresou na Sociedade Numismática Austríaca, e dous anos máis tarde foi un dos membros do grupo fundador da Sociedade Numismática Tirolesa, na que ocupou os cargos de secretario, presidente e finalmente presidente honorario, ademais de ser o editor da súa publicación Haller Münzblätter.[2]
Un dos focos dos estudos de Tursky foi a actividade da importante Casa da Moeda de Hall, no Tirol, nos inicios da Idade Moderna, asunto sobre o que publicou un traballo monográfico en dous volumes, ademais doutros sobre aspectos parciais desta ceca.[2]
Ademais da súa dedicación académica, Tursky abordou tamén a numismática desde a perspectiva comercial, cando en 1990 se iniciou como vendedor numismático e só un ano máis tarde ingresou na Asociación de Comerciantes de Moedas Austríacos. En 1998 retirouse do ensino da Química para se dedicar a tempo completo á actividade numismática.[2]
Heinz Tursky finou o 16 de abril de 2023.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla de honra da cidade de Hall in Tirol.[2]
- 2012: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca.[2][3][4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados ao longo da traxectoria de Heinz Tursky:[5]
- (1977). Die Münzstätte Hall in Tirol 1477-1665 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck.
- (1981). Die Münzstätte Hall in Tirol 1665-1809 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck.
- (1985). Tiroler Münzbuch. Die Geschichte des Geldes aus den Prägestätten des alttirolischen Raumes (con H. Moser e H. Rizzsolli). Haymon, Innsbruck. ISBN 9783852180106
- (1986). Die Münzen Kaiser Rudolfs II. aus der Münzstätte Hall in Tirol: 1602-1612 (con H. Moser). Erhard, Innsbruck.
- (1986). Corpus Nummorum Tirolensium : Die Münzen Kaiser Rudolfs II aus der Münzstätte Hall in Tirol 1602-1612 (con H. Moser). Eberhard, Innsbruck.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "In memoriam Heinz Tursky". Moneytrend.at
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Kampmann, U. (2023).
- ↑ "Die Eckhel Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "Auszeichnungen am laufenden Band für Magister Heinz Tursky". En Münzen Woche. 31 de outubro de 2012.
- ↑ "Tursky, Heinz". WorldCat.org
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kampmann, U. (2023). "Heinz Tursky (1941-2023)". En Coins Weekly. 27 de abril de 2023.