Saltar ao contido

Heitor de Maris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sir Heitor de Maris[1] ou Ector de Maris é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É medio-irmán de Lanzarote do Lago e fillo do rei Ban de Bénoïc e a Dona de Maris. Sir Bors e Sir Lionel son os seus curmáns.

Heitor participa na busca do Santo Graal, sendo un dos moitos cabaleiros que non acada o seu obxectivo. Cando o romance adúltero de Lanzarote do Lago e a raíña Xenevra é descuberto en Camelot, desátase unha guerra entre aquel e o rei Artur. Sir Heitor de Maris toma parte no bando do seu medio-irmán, sendo un dos seus xenerais. Despois da guerra, exíliase a Francia xunto coa súa familia pero Artur segue a perseguilos aló. Finalmente, Heitor de Maris axuda a derrotar as forzas de Mordred, trala batalla de Camlann.

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]