Segwarides
Segwarides é un cabaleiro da Táboa Redonda e fillo do rei sarraceno Esclabor nas lendas artúricas. Ten dous irmáns que son Palamedes e Safir. Porén, en Tristán en prosa e en Le Morte D'Arthur, Segwarides é un vasalo do rei Marco de Cornualla. Semella que orixinalmente había dous personaxes con este nome, mais as historias nas que aparece non distinguen entre eles.
En Le Morte D'Arthur, Tristán ten un breve romance coa esposa de Segwarides e fere ó cabaleiro tras ser descuberto. Tristán atópase con Segwarides máis tarde na Illa de Servage. Segwardies perdoa ó cabaleiro máis famoso dicindo que "nunca vai odiar a un nobre cabaleiro por unha dama de luz". Ámbolos dous unen forzas para afrontar os perigos da illa. Pouco despois, Tristán nomea a Segwarides Señor de Servage.
Segwarides morre ó tentar impedir que Lanzarote do Lago rescate a Xenevra da fogueira.