Saltar ao contido

Henry Aldrich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenry Aldrich

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1648 Editar o valor en Wikidata
Westminster (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morte14 de decembro de 1710 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Oxford (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Oxford (pt) Traducir 51°45′00″N 1°15′17″O / 51.75, -1.2547 Editar o valor en Wikidata
Deão (pt) Traducir Christ Church College
1689 – 1710
← John Massey (en) TraducirFrancis Atterbury (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónChrist Church College (1662–1666)
Westminster School (1656–1662) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura, filosofía, teoloxía e música Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Oxford (1662–1710) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, compositor, teólogo, filósofo, poeta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorChrist Church College (1667–) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Dicionario Musical Riemann (1901–1904)
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX993755 Musicbrainz: 64085d54-0e1e-4ca5-b605-089a0cef8158 Discogs: 4127768 Find a Grave: 120722845 Editar o valor en Wikidata

Henry Aldrich, nado en 1647 e finado en Oxford (Inglaterra), o 14 de decembro de 1710, foi un teólogo, filósofo, arquitecto e compositor inglés do Barroco.

Dos primeiros anos coñecemos que Aldrich se formou con Richard Busby na escola de Westminster[1]. En 1662 entrou na Christ Church (a "Igrexa de Cristo", coñecida tamén simplemente como The House), en Oxford, da que chegou a ser deán en 1689, sucedendo o católico John Massey, quen fuxira ao Continente.[2][3] Entre 1692 e 1695 exerceu como reitor (vice-chancellor) da Universidade de Oxford.[4] En 1702, foi nomeado reitor eclesiástico de Wem, en Shropshire, aínda que continuou residindo en Oxford, onde morreu o 14 de decembro de 1710.[5] O seu corpo foi enterrado na catedral de Oxford (Christ Church Catedral), onde, atendendo ao seu propio desexo, non hai monumento conmemorativo ningún.

Folla autografada dunha partitura de Give ear, O Lord por Aldrich, de Aldrich.
Peckwater Quadrangle da Christ Church, en Oxford. Construído a partir dun deseño de Henry Aldrich.

Henry Aldrich era un home dotado duns dons infrecuentemente diversos. Estudoso dos clásicos, é máis coñecido como autor dun pequeno libro de lóxica (Artis Logicæ Compendium).[6] Malia non ser un innovador no terreo de lóxica (segue estritamente as Summulae Logicales, de Peter of Spain), o uso da súa obra polas sucesivas promocións de estudantes de Oxford amosou a súa notable capacidade de síntese e o seu grande valor didáctico. De feito, o Compendium seguiu a utilizarse en Oxford (na edición revisada de Mansel) ata a segunda metade do século XIX.

Aldrich tamén compuxo himnos e pezas litúrxicas moi salientables[7], e adaptou moita da música de Palestrina e de Giacomo Carissimi. Da súa autoría é o coñecido canon Hark, the bonny Christ Church bells.

Entre as súas habilidades destacou tamén a arquitectura. Proba disto son os seus deseños para a igrexa de Todos os Santos (All Saints Church) e, en concreto, do seu campanario, en Oxford, así como de tres dos lados do coñecido como Peckwater Quadrangle, da igrexa de Cristo (Christ Church)[8].

Outras mostras do seu polifacético enxeño son, por exemplo, unha versión humorística en latín dunha balada moi popular no seu tempo, titulada A soldier and a sailor, A tinker and a tailor ("Un soldado, un mariñeiro, un caldeireiro e un xastre"), así como un epigrama acerca das cinco razóns para beber: Si bene quid memini, causae sunt quinque bibendi; / Hospitis adventus, praesens sitis atque futura, / Aut vini bonitas, aut quaelibet altera causa ("Se penso correctamente, hai cinco razóns para beber: / a chegada dun amigo, a sede de agora e a de despois, / o bo que está o viño, ou algunha outra razón").

  1. Biografía de Henry Aldrich. En PoemHunter.com
  2. Salter, H. e Lobel, M. Ed."Christ Church". A History of the Country of Oxford. Volume 3. 1954. Páxinas 228-238.
  3. Horn, Joyce M., ed. (1996). "Deáns de "Christ Church", Oxford". Fasti Ecclesiae Anglicanae 1541–1857. Volume 8: Bristol, Gloucester, Oxford and Peterborough dioceses. Institute of Historical Research. pp. 80–83. 
  4. "Previous Vice-Chancellors". University of Oxford. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 21 de abril de 2016. 
  5. Randel, Don Michael, ed. (1996). "Aldrich, Henry". The Harvard biographical dictionary of music. Cambridge, Mass.: Belknap Press of Harvard Univ. Press. pp. 12–13. ISBN 0-674-37299-9. 
  6. Aldrich, Henry (1750). Artis logicæ compendium. Oxford University. p. 147. 
  7. Catálogo de composicións de Henry Aldrich. En AllMusic.com
  8. Traballos de Henry Aldrich. En PoemHunter.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]