Herba da envexa
Herba da envexa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Vinca difformis Pourr. |
A herba da envexa, pervinca ou cangroia[1].Vinca difformis, é unha especie de planta medicinal pertencente á familia das apocináceas. É orixinaria da conca do Mediterráneo. En Galiza considérase especie invasora, de feito atópase na lista de Flora invasora de Galicia elaborada pola Xunta[2].
Descrición
[editar | editar a fonte]Vinca difformis esténdese polo chan con longas ramas cubertas por follas arredondadas, brillantes e opostas. As flores son de cor azul suave, ás veces poden semellar brancas, teñen un longo tubo que se abre en cinco lóbulos un pouco asimétricos, que recordan un pouco a imaxe dunha hélice. Florea durante o inverno e a primavera.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É orixinaria da conca do Mediterráneo. Na Península Ibérica atópase no levante. É camefito, atopándose en zonas sombrizas, silveiras, pedregueiras e bordos de camiños.
Número de cromosomas de Vinca difformis (Fam. Apocynaceae) e táxones infraespecíficos
Vinca difformis Pourr.
2n=230.
Vinca difformis Pourr.
2n=46.
- Vinca intermedia
Propiedades
[editar | editar a fonte]Contén alcaloides diferentes aos das outras especies do xénero, entre os que salientan a vincamedina e a sarpaxina.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004
- ↑ http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/biodiversidade/especies/especies_invasoras/flora_invasora_de_galicia/ Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Flora invasora de Galicia na Web da Consellaría do Medio Rural
- ↑ Proves Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955).
- ↑ Proves Sur la caryologie de quelques plantes récoltées pendant la III Reunion de Botanique Péninsulaire. Fernandes, A. & M. Queirós (1971) Mem. Soc. Brot. 21: 343-385
- ↑ Dr. Berdonces I Serra. Vinca difformis. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones). ISBN 84-305-8496-X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba da envexa |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Herba da envexa |