Homo floresiensis
Home de Flores Homo floresiensis Rango fósil: plistoceno superior | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución facial | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
† Homo floresiensis Brown et al., 2004 | |||||||||||||||||||||||||
Illa de Flores, en Indonesia.
|
Homo floresiensis, ou home de Flores (alcumado como Hobbit e Flo), é unha especie extinta do xénero Homo. Os restos dun individuo que podería ter 0,91 m de altura descubríronse en setembro de 2003 nunha gruta da illa indonesia de Flores. Atopáronse esqueletos parciais de nove individuos, entre os cales hai un cranio humano completo.[1][2]
O achado destes restos abriu un intenso debate para determinar se pertencían a unha especie diferente dos humanos anatomicamente modernos. Este homínido destaca pola súa baixa estatura, corpo miúdo, cerebro pequeno e por ter sobrevivido ata hai moi pouco tempo, xa que se estima que a súa extinción dataría tan só hai 12.000 anos.[3] Recollidos canda os restos de esquelos encontráronse ferramentas de pedra do horizonte arqueolóxico de entre 94 000 a 13 000 anos atrás. Pénsase que este homínido tería sido a orixe das crenzas de Ebu gogo na Illa de Flores.[4]
Os arqueólogos que realizaron a descuberta, Mike Morwood et al., propuxeron unha variedade de características, tanto primitivas como derivadas, que determinan a clasificación como unha nova especie, H. florensiensis,[3] dentro dos homínidos, da que a única especie existente hoxe en día é o H. sapiens sapiens, o bonobo (xénero Pan) e o chimpancé (xénero Pan). Incluso Morwood et al. propoñen que a especie viviu contemporaneamente na illa de Flores.[5]
O sitio arqueolóxico espertou axiña as teorías de que os restos eran parte dunha nova especie, e antropólogos como Teku Jacobo, suxeriron que forman parte dos humanos modernos. Estudos paleoneurolóxicos desbotaron esa posibilidade. Investigacións ortopédicas do 2007 do H. florensiensis asentan a clasificación da nova especie. Un estudo de tres partes dos ósos carpianos conclúen que hai similitudes cos ósos carpianos dos chimpancés e cos dos primeiros homínidos, como Australopithecus, pero diferenzas cos ósos de humanos modernos.[6][7][8]
Un estudo de ósos e articulacións dos brazos, ombros e o baixo das cadeiras suxire que eran máis semellantes aos primeiros humanos e aos gorilas que aos humanos modernos.[9] Outro estudo de medidas comparativas do corpo dálle forza a esta hipótese de Homo floresiensis e Homo sapiens como especies separadas.[10]
Hipóteses da orixe
[editar | editar a fonte]Hipótese de cretinismo endémico
[editar | editar a fonte]Suxeriuse que os restos de LB1 e LB6, clasificados como individuos da especie Homo floresiensis, eran en realidade Homo sapiens que sufrían dun cretinismo endémico miaxodermatoso froito de hipotiroidismo conxénito. Esas características, causadas por varios factores ambientais como a deficiencia en iodina, son unha forma de ananismo que está aínda presente nas poboacións humanas indonésicas.[11]
Hipótese da síndrome de Down
[editar | editar a fonte]Outra hipótese que descarta que H. floresiensis sexa unha especie distinta propón que o individuo LB1 padecía síndrome de Down, e que os restos doutros individuos eran de humanos normais de tipo austromelanésico [12] M. Henneberg et al. (2014) escriben que "A nosa hipótese é coherente con ver a LB1 como membro anormal da moderna poboación de H. sapiens austromelanesia: as súas características reflicten múltiplas causas compatibles".[13] Colin Groves, antropólogo da Universidade Nacional Australiana contestou que esa teoría non é "plausible" por varias razóns, incluíndo o feito de que as características anormais na mandíbula de LB1 son compartidas por outro espécime, LB6. Robert B. Eckhardt, da Universidade do Estado de Pensilvania, un dos autores do novo estudo, rexeitou as críticas, argüíndo que o estudo identifica diferenzas significativas entre a mandíbula de LB1 e a de LB6.[13]
Hipótese da última especie supervivente dos primeiros Homo
[editar | editar a fonte]Varias probas apoian a hipótese de que os Homo floresiensis son unha das últimas especies superviventes dos primeiros Homo e con trazos morfolóxicos en común cos primeiros homínidos pre-erectus/ergaster. Esta hipótese explicaría a ampla relación con trazas morfolóxicas observadas nos primeiros homínidos e que están presentes en Homo floresiensis sen precisar de recorrer a xustificacións de mutación xénicas, enfermidades ou defectos no crecemento.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brown et al. (2004): "A new small-bodied hominin from the late Pleistocene of Flores, Indonesia". Nature, 431: 1055-1061.
- ↑ Morwood M. et al. (2005): "Further evidence for small-bodied hominins from the Late Pleistocene of Flores, Indonesia". Nature, 437: 1012-1017.
- ↑ 3,0 3,1 Morwood M. et al (2004: "Archaeology and age of a new hominin from Flores in eastern Indonesia". Nature, 431: 1087-1091.
- ↑ Gregory Forth (2005): Hominids, hairy hominoids and the science of humanity Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine., Anthropology Today, 21 (3): 13-17; John D. Hawks (2005): Stalking the wild ebu gogo Arquivado 30 de marzo de 2021 en Wayback Machine..
- ↑ "How a hobbit is rewriting the history of the human race". The Guardian.
- ↑ Tocheri et al. (2007): "The primitive wrist of Homo floresiensis and its implications for hominin evolution. Resumo, Science 317 (5845): 1743-1745.
- ↑ "Taking sides in the battle of the 'hobbit'". New Scientist.
- ↑ Argue, Debbie; Morwood, M.; Sutikna, T.; Jatmiko & Saptomo, W. (2009): "Homo floresiensis: A cladistic analysis". Journal of Human Evolution 57 (5): 623-663.
- ↑ Larson et al. (2007): (preprint online Arquivado 13 de xuño de 2011 en Wayback Machine.).
- ↑ Argue, D.; Morwood, M.; Sutikna, T.; Jatmiko; Saptomo, W. (2009): "Homo floresiensis: A cladistic analysis". Journal of Human Evolution. 5: 623-639.
- ↑ Obendorf, P. J., Oxnard, C. E. & Kefford, C. E. (2008): "Are the small human-like fossils found on Flores human endemic cretins?". Proceedings of the Royal Society B. 1640: 1287–1296.
- ↑ Henneberg, Maciej; Eckhardt, Robert B.; Chavanaves, Sakdapong; Hsü, Kenneth J. (August 5, 2014). "Evolved developmental homeostasis disturbed in LB1 from Flores, Indonesia, denotes Down syndrome and not diagnostic traits of the invalid species Homo floresiensis". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 111 (31).
- ↑ 13,0 13,1 Bianca Nogrady, "Did the 'Hobbit' have Down syndrome?", ABC, 5 August 2014.
- ↑ Aiello, Leslie C. (2010). "Five years of Homo floresiensis". American Journal of Physical Anthropology 142 (2): 167–179. PMID 20229502. doi:10.1002/ajpa.21255. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2014. Consultado o 13 de agosto de 2014.