Hugo Bueno
Hugo Bueno coa selección galega en 2024 (2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (gl) Hugo Bueno López 18 de setembro de 2002 (22 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,8 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 17 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Guille Bueno | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Hugo Bueno López, nado en Gondomar o 18 de setembro de 2002, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Feyenoord, da Eredivisie dos Países Baixos, cedido polo Wolverhampton Wanderers. É irmán xemelgo de Guille Bueno, xogador do Borussia Dortmund II.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol xunto ao seu irmán xemelgo Guille no Gondomar do seu concello natal. Axiña comezou a destacar e en idade alevín foi seleccionado para representar á selección viguesa sub-12 no Campionato Galego de Seleccións.[2] En idade cadete pasou xunto a Guille á canteira do Areosa, no que xogaron nos seguintes anos coa excepción dun intervalo no ED Val Miñor.[3] Durante a tempada 2018/19 compaxinou o equipo xuvenil do Areosa, da Liga Nacional, co xuvenil do Comesaña, na Liga Galega.
En 2019 deixou Galicia e ingresou na canteira do Wolverhampton Wanderers inglés.[4][5][6] Separouse así por primeira vez de seu irmán, que continuou un ano máis no Areosa antes de fichar polo Deportivo da Coruña Xuvenil.[7] En Wolverhampton, Hugo xogou nos equipos sub-18 e sub-23 do club durante tres anos, coincidindo cos tamén galegos Jonny Otto e Erik Bugarín.[7][8]
O 15 de outubro de 2022, debutou co primeiro equipo na Premier League, substituíndo ao franco-alxeriano Rayan Aït-Nouri no tempo de desconto da vitoria por 1-0 sobre o Nottingham Forest no Molineux.[9] Saíu de titular na seguinte xornada e continuou na titularidade durante varias xornadas. Finalizou a súa primeira campaña na Premier con 21 partidos disputados, aos que sumou un na FA Cup e outro na EFL Cup. Na tempada 2023/24 xogou outros 21 partidos de liga e catro máis nas competicións de copa.
Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Feyenoord, da Eredivisie dos Países Baixos.[10]
Selección española
[editar | editar a fonte]O 26 de febreiro de 2020, debutou coa selección española sub-18, na vitoria por 2-1 contra Dinamarca. En setembro de 2023 recibiu a súa primeira convocatoria coa selección sub-21,[11] debutando con esta nun partido ante Escocia no Nuevo Estadio de la Victoria de Xaén.[12]
Selección galega
[editar | editar a fonte]Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Otero, Marcos (16 de agosto de 2021). "Guille Bueno y una historia enrevesada". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Los alevines Brais Val y Gonzalo convocados para el Campeonato Gallego de Selecciones" (en castelán). 9 de maio de 2014. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Refojos, Borja (4 de xullo de 2022). "El futuro, dos veces Bueno" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Gil, Dani (3 de febreiro de 2023). "Hugo Bueno interview: Everybody picks me in fantasy football – even Joao Moutinho" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Lara, Miguel Ángel (12 de xullo de 2020). "Hugo Bueno: la familia y uno más". Marca (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Keen, Liam (23 de xullo de 2022). "Four Wolves players out to make their mark in Spain" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 "Hugo Bueno, del Areosa a los Wolves sin escalas". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ Antelo, Iván (19 de outubro de 2022). "Hugo Bueno, jugador gallego de los Wolves: «Estoy encantado por debutar en la Premier, pero quiero más»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Wolves' match-winner Ruben Neves alerted his team-mates to the pre-match social media wind-up that backfired badly on Nottingham Forest at Molineux". BBC (en inglés). 15 de outubro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Feyenoord sign Wolves defender Hugo Bueno on season-long loan" (en inglés). 13 de agosto de 2024. Consultado o 14 de agosto de 2024.
- ↑ "Gabri Veiga y el gondomareño Hugo Bueno, convocados con la selección sub 21" (en castelán). 1 de setembro de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "'La Rojita' vence a Escocia con minutos para Guerra y Diego López" (en castelán). 11 de setembro de 2023. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).