Saltar ao contido

Álvaro Carreras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro Carreras
Biografía
Nacemento(gl) Álvaro Fernández Carreras Editar o valor en Wikidata
23 de marzo de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura1,86 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Número deportivo33 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Deporte base
- Galicia de Caranza
-2012 Racing de Ferrol
2012-2017 Deportivo da Coruña
2017-2020 Real Madrid Club de Fútbol
2020-2022 Manchester United F.C. Editar o valor en Wikidata
  Equipo enllaç= enllaç=
2022- Manchester United F.C. 0(0)
2022-2023cesión Preston North End Football Club 39(0)
2023-2024cesión Granada Club de Fútbol 14(0)
2024-2024cesión Sport Lisboa e Benfica 14(1)
2024- Sport Lisboa e Benfica 2, 0 Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2019-   España sub-17 2(0)
2023-   España sub-21 5(0)
2024-   Galicia 1(0) Editar o valor en Wikidata

UEFA: 250153945 Editar o valor en Wikidata

Álvaro Fernández Carreras, nado en Ferrol o 23 de marzo de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral esquerdo no Benfica, da Primeira Liga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores do Galicia de Caranza e do Racing de Ferrol, entrando en 2012, con nove anos, na canteira do Deportivo da Coruña [1]. En 2017, despois de cinco anos no equipo coruñés, ingresou na estrutura do Real Madrid, onde pasou tres anos, os dous primeiros nos equipos cadetes e o terceiro no xuvenil C.[1]

Manchester United

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2020/21 fichou polo equipo sub-23 do Manchester United, co que competiu durante dous anos na Premier League 2, ademais de xogar tamén algúns encontros co equipo sub-18.[1] Disputou o EFL Trophy, a FA Youth Cup e a Liga Xuvenil da UEFA, sendo un habitual das aliñacións titulares e pechou o seu paso polas categorías inferiores do Manchester cun total de 62 partidos, 7 goles e 13 asistencias.

Foi tamén convocado por Ralf Rangnick para os catro últimos partidos do primeiro equipo, aínda que non chegou a saír do banco de suplentes.[1]

Cesión ao Preston North End

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Preston North End do Championship, segunda categoría do fútbol inglés.[2] Debutou o 30 de xullo de 2022, substituíndo ao irlandés Robbie Brady na segunda parte dun partido ante o Wigan Athletic, e acabou a tempada cun total de 42 partidos e 6 asistencias.

Cesión ao Granada

[editar | editar a fonte]

En setembro de 2023 anunciouse o seu regreso a España, cedido por un ano ao Granada.[3] Debutou na Primeira División na quinta xornada da tempada 2023/24 ante o Girona no Nuevo Los Cármenes, substituíndo nos minutos finais a Bryan Zaragoza.[4] Disputou un total de 14 partidos, 6 deles como titular, ata xaneiro, cando o Manchester anunciou que o xogador deixaría de xogar en Granada para facelo en Lisboa, cedido no Benfica.[5]

Cesión ao Benfica

[editar | editar a fonte]

Debutou co Benfica nas semifinais da Taça da Liga ante o Estoril e tres días despois xogou o seu primeiro encontro na Primeira Liga, nun partido ante o Gil Vicente no estadio da Luz no que substituíu na segunda parte ao brasileiro Morato.[6][7] Pechou a campaña con 14 partidos, 6 deles como titular, e un gol ante o Farense.

En maio, o Manchester United anunciou que o Benfica exercera a súa opción de compra sobre o xogador, duns 6 millóns de euros.[8]

Internacional

[editar | editar a fonte]

Selección española

[editar | editar a fonte]

En 2019 disputou dous partidos coa selección española sub-19, fronte a Israel. O 8 de setembro de 2023 debutou coa selección sub-23, nunha goleada por 0-6 ante Malta.[9]

Selección galega

[editar | editar a fonte]
Álvaro Carreras coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[10]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Antelo, Iván (26 de xullo de 2022). "Álvaro Carreras buscará la Premier con el Preston". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  2. "Álvaro Fernández Carreras, la perla española del United, cedido al Preston". Marca (en castelán). 26 de xullo de 2022. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  3. Cejudo, José Ignacio (2 de setembro de 2023). "Álvaro Fernández firma cedido por el Granada" (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  4. "Granada - Girona: resumen, resultado y goles del partido de LaLiga EA Sports". Marca (en castelán). 19 de setembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  5. "Álvaro Carreras, nuevo jugador del Benfica". As (en castelán). 17 de xaneiro de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  6. "Histórico. Estoril Praia na final da Taça da Liga" (en portugués). 20 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  7. "Benfica dá prova de força e assume a liderança" (en portugués). 4 de febreiro de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  8. "Manchester United’s Alvaro Fernandez joins Benfica permanently". The New York Times (en inglés). 20 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  9. "Un estreno brillante con goles y buen fútbol (0-6)". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 8 de setembro de 2023. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  10. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]