Saltar ao contido

Manu Justo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManu Justo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Manuel Justo Román Editar o valor em Wikidata
9 de febreiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Altura1,74 m Editar o valor em Wikidata
Peso72 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2024-   Selección de fútbol de Galicia 1(0) Editar o valor em Wikidata

Manuel Justo Román, nado en Vigo o 9 de febreiro de 1996, é un futbolista galego que xoga como dianteiro centro no Racing Club de Ferrol da Segunda División de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Manu Justo formouse nas categorías inferiores do Club Deportivo Areosa, no que xogou no seu equipo xuvenil na tempada 2014-15. Na tempada 2015-16, asinou polo Club Rápido de Bouzas en Terceira División, no que xogou 28 partidos. No verán de 2016, asinou polo Arosa Sociedad Cultural en Terceira División, no que xogou en dúas tempadas case medio centenar de partidos.

Na tempada 2018-19, asinou polo Coruxo FC da Segunda División B de España, co que disputou 37 partidos e marcou 10 goles, sumando máis de 2700 minutos. O 9 de xullo de 2019, asinou polo Elche CF da Segunda División de España.[1] Ao comezo da tempada 2019-20, o dianteiro galego asinou cedido polo UCAM Murcia CF do Grupo IV da Segunda División B, co que disputa 18 encontros de liga e 2 de Copa do Rei, anotando un total de 3 goles.[2]

En xaneiro de 2020, chegou a un acordo para romper a cesión co conxunto murciano[3] e chegou en calidade de cedido ao Celta de Vigo B do Grupo IV da Segunda División B, onde xogou 6 partidos nos que anota 2 goles. Na tempada 2020-21, continuou no Celta de Vigo B en calidade de cedido, onde disputou 24 partidos nos que anota 8 goles.[4]

En xullo de 2021, regresou ao Elche CF da Primeira División de España, co que realizaría a pretempada ás ordes de Fran Escribá.[5] O 12 de agosto de 2021, asinou co Racing de Santander da Primeira División RFEF, novamente cedido polo conxunto ilicitano.[6] No equipo cántabro disputou 35 encontros de liga, cun balance de sete goles e tres asistencias.

Ao remate da tempada 2021-22, logrou o ascenso á Segunda División de España, tras acabar en primeira posición do Grupo I da Primeira División RFEF. O 10 de xuño de 2022, o Racing de Santander fai oficial que non continuaría tras acabar contrato no conxunto cántabro.[7]

O 29 de xuño de 2022, o Racing Club de Ferrol da Primeira División RFEF, anunciou a fichaxe do xogador para a tempada 2022-23.[8]

Selección galega[editar | editar a fonte]

Manu Justo e Orman Davis loitando pola pelota no Galicia-Panamá de 2024.

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. marca.com El Elche ficha a Manu Justo pero podría cederlo a un Segunda B, consultado en xullo de 2019
  2. ucamdeportes.com Manu Justo, mas pólvora para el UCAM Murcia, consultado en agosto de 2019
  3. ucamdeportes.com Manu Justo y el UCAM Murcia separan sus caminos, consultado en xaneiro de 2020
  4. lavozdegalicia.es El Celta B recupera a Manu Justo, cedido y con opción de compra, consultado en setembro de 2020
  5. diariofranjiverde.com Manu Justo hará la pretemporada a las órdenes de Fran Escribá, consultado en xullo de 2021
  6. realracingclub.es Manu Justo se incorpora a la plantilla del Racing 2021/22, consultado en agosto de 2021
  7. realracingclub.es Bustos, Haper, Javi Vázquez, Lucas, Manu Justo y Soko ponen fin a su etapa en el Racing Arquivado 10 de xuño de 2022 en Wayback Machine., consultado en xuño de 2022
  8. lavozdegalicia.es El Racing incorpora al delantero vigués Manu Justo, consultado en xuño de 2022
  9. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024.