Hugo Weaving
Aparencia
Hugo Wallace Weaving, nado o 4 de abril de 1960, é un actor anglo-australiano de cine e de teatro. El é máis coñecido polo seu papel como Axente Smith na triloxía The Matrix, e de Elrond na triloxía O Señor dos Aneis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu primeiro papel importante foi na serie televisiva australiana Bodyline de 1984, como o xogador inglés de crícket Douglas Jardine. Weaving gañou fama internacional coa súa eficacia como o enigmático Axente Smith no filme de 1999 The Matrix. Máis tarde, el repetiu o papel nas secuelas do filme realizadas en 2003: The Matrix Reloaded e Matrix Revolutions.
Gañou moita atención popular no papel de Elrond na adaptación de Peter Jackson dos libros d'O Señor dos Aneis de J. R. R. Tolkien estreadas entre 2001 e 2003.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Categorías:
- Actores de cine de Australia
- Actores de televisión de Australia
- Actores de teatro de Australia
- Actores de cine de Inglaterra
- Actores de televisión de Inglaterra
- Actores de teatro de Inglaterra
- Actores de voz de Australia
- Actores de voz de Inglaterra
- Nados en 1960
- Nados en Ibadan
- Australianos de ascendencia inglesa
- Australianos de ascendencia belga