Saltar ao contido

Iñaki Martínez Antelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIñaki Martínez Antelo
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsXacobe Martínez Antelo Editar o valor en Wikidata

Iñaki Martínez Antelo, nado en Santiago de Compostela en 1969, foi o director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo dende o 18 de novembro de 2005 ata finais de 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago, e máster en Estética e Teoría da Arte polo Instituto de Estética adscrito á Universidade Autónoma de Madrid[Cómpre referencia].

Tras o seu paso polo Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (1996-1998), foi coordinador de exposicións no Auditorio de Galicia (1998-2002) e coordinador de actividades culturais en Casa Asia, Barcelona (2002-2003). Dende o ano 2003, pouco despois da súa inauguración, desempeñou o cargo de Responsable de Exposicións do MARCO, ao que logo dirixiu entre 2005 e 2017.

É irmán do contrabaixista de jazz Xacobe Martínez Antelo.