I Could Live in Hope
I Could Live in Hope | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Low | ||||
Publicado | 2 de decembro de 1994 | |||
Gravación | outono de 1994 | |||
Estudio(s) | Noise New Jersey | |||
Duración | 57:05 | |||
Xénero(s) | slowcore, dream pop | |||
Selo(s) | Vernon Yard Recordings | |||
Produtor | Mark Kramer | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
I Could Live in Hope é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Low, publicado o 2 de decembro de 1994 a través do selo Vernon Yard Recordings.
Antecedentes e composición
[editar | editar a fonte]O disco foi unha reacción á agresividade do rock alternativo de principios dos 90, cando o grunge tiña unha gran popularidade, polo que Low "evitou a composición tradicional en favor dos estados de ánimo e o movemento".[1][2] Influenciada por Brian Eno e Joy Division, a banda, traballando co produtor Mark Kramer, favoreceu as composicións con ritmos lentos, unha instrumentación minimalista e unha economía da linguaxe.[3][4][5]
Recepción
[editar | editar a fonte]I Could Live in Hope tivo recensións xeralmente positivas no momento do seu lanzamento. Greg Kot, escribindo para o Chicago Tribune, dixo que "o seu drama de pálpebras pesadas arrástrase nunha cámara lenta que o envolve todo" e dixo del que era "o mellor disco feito para aquelas tardes tristes e nada desexables de arrastrarse a un burato dende a estrea de Galaxie 500".[6]
Legado
[editar | editar a fonte]Presentando un "ritmo sen precedentes no entón florecente underground", I Could Live in Hope axudou a crear o xénero coñecido como slowcore, que incluíu a artistas dende Bedhead ata Codeine ao longo dos 90.[5]
En 1999 Pitchfork situou a I Could Live in Hope no número 49 da súa lista dos mellores álbums dos 90.[7] Ese mesmo ano o crítico Ned Raggett púxoo no número 37 da súa lista dos 136 mellores discos dos noventa para Freaky Trigger.[8] En 2004 o álbum foi incluído na lista dos 50 anos do Rock'n'Roll de Les Inrockuptibles.[9] En 2018 Pitchfork situouno no 22 da súa lista dos 30 melores álbums de dream pop.[10]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Alan Sparhawk, Mimi Parker e John Nichols, agás onde se indique.
N.º | Título | Voz principal | Duración |
---|---|---|---|
1. | "Words" | Sparhawk | 5:45 |
2. | "Fear" | Sparhawk | 2:12 |
3. | "Cut" | Sparhawk | 5:43 |
4. | "Slide" | Parker | 3:46 |
5. | "Lazy" | Sparhawk | 5:35 |
6. | "Lullaby" | Parker | 9:46 |
7. | "Sea" | Sparhawk, Parker | 1:45 |
8. | "Down" | Sparhawk | 7:24 |
9. | "Drag" | Sparhawk | 5:11 |
10. | "Rope" | Sparhawk | 6:11 |
11. | "Sunshine" (Oliver Hood) | Sparhawk, Parker | 2:59 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The rough guide to rock (3rd ed., expanded and completely rev ed.). London: Rough Guides. 2003. ISBN 978-1843531050. OCLC 59305933.
- ↑ Earles, Andrew, 1973-. Gimme indie rock : 500 essential American underground rock albums 1981-1996. Minneapolis. ISBN 978-0760346488. OCLC 868039493.
- ↑ "I Could Live in Hope - Low | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-11-14.
- ↑ Earles, Andrew, 1973-. Gimme indie rock : 500 essential American underground rock albums 1981-1996. Minneapolis. ISBN 978-0760346488. OCLC 868039493.
- ↑ 5,0 5,1 "Low Albums From Worst To Best". Stereogum (en inglés). Consultado o 2020-11-14.
- ↑ Kot, Greg. "LOVELY LETHARGY". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2020-11-14.
- ↑ "Top 100 Albums of the 1990s". Pitchfork. Archived from the original on 25 de febreiro de 2003. Consultado o 2020-11-14.
- ↑ "The Top 136 Or So Albums Of The 90s". web.archive.org. 2000-01-20. Archived from the original on 20 de xaneiro de 2000. Consultado o 2020-11-14.
- ↑ "Acclaimed Music". acclaimedmusic.net. Consultado o 2020-11-14.
- ↑ "The 30 Best Dream Pop Albums". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-11-14.