I See a Darkness
I See a Darkness | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bonnie "Prince" Billy | ||||
Publicado | 19 de xaneiro de 1999 | |||
Duración | 37:56 | |||
Xénero(s) | indie folk, folk gótico, country folk | |||
Selo(s) | Palace Records, Domino Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
I See a Darkness é o sexto álbum de estudio do músico estadounidense Bonnie "Prince" Billy, publicado o 19 de xaneiro de 1999 a través do selo Palace Records.[1] Trátase do seu primeiro disco editado co nome de Bonnie "Prince" Billy. O álbum conta con colaboracións de Bob Arellano, Colin Gagon, Paul Oldham, David Pajo e Peter Townsend.
No ano 2003 a publicación en liña Pitchfork Media escolleu I See a Darkness como o noveno mellor álbum dos anos 90.[2]
Recepción
[editar | editar a fonte]I See a Darkness recibiu unha ampla aclamación da crítica musical. Samir Khan de Pitchfork describiu o álbum como a "oferta total" de Oldham e o "tipo de disco que esixe reverencia solitaria".[3] Gregg Rounds de AllMusic escribiu que mostraba "un estilo máis melódico do que podería estar acostumado o veterano oínte de Palace", mentres que ao mesmo tempo sinalou que Oldham "non abandonou a súa base de letras mordaces e arranxos minimalistas, pero construíu unha variedade de capas diferentes que fan deste álbum unha experiencia auditiva emotiva e pracenteira".[4] Stephen Thompson de The A.V. Club remarcou que I See a Darkness foi a "síntese máis apropiada ata agora da voz e da banda de acompañamento de Oldham".[5] Simon Williams, de NME, mostrouse máis reservado nos seus eloxios ao álbum, e aconsellou aos oíntes que "a paciencia é unha virtude" mentres o cualificou de "disco delicado e intelixente".[6]
Legado
[editar | editar a fonte]I See a Darkness apareceu nas listas de mellores álbums de varias publicacións. En 2003 Pitchfork colocouno como o noveno mellor álbum dos anos 90.[2] En 2004 Stylus Magazine situou I See a Darkness no número 171 da súa lista dos 200 mellores álbums de todos os tempos,[7] e en 2006 Mojo considerouno un "clásico moderno" e o vixésimo mellor álbum publicado durante a vida da revista.[8] O álbum tamén foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[9]
En 2002, Matt LeMay de Stylus Magazine escribiu que "ao abordar conceptos tan grandiosos con tanta sinceridade e habilidade, o álbum é incriblemente poderoso ata nas circunstancias máis mundanas".[10] Revisando a súa reedición de 2012, Aaron Lavery de Drowned in Sound falou de I See a Darkness como o "melljor logro ata agora" de Oldham e o "lanzamento esencial" na súa discografía.[11] Q citou o álbum como "a súa obra mestra, introducindo un estilo de composición directa e menos mítico".[12]
Johnny Cash gravou a canción principal no seu álbum de 2000 American III: Solitary Man, con Oldham facendo coros.[13] Steve Adey tamén versionou a canción principal no seu álbum de 2006 All Things Real.[14] Rosalía interpretou a canción no seu primeiro álbum Los Ángeles en 2017.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letras escritas por Will Oldham, agás "Song for the New Breed" por Dianne Bellino, toda a música composta por Oldham.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "A Minor Place" | 3:43 |
2. | "Nomadic Revery (All Around)" | 3:58 |
3. | "I See a Darkness" | 4:49 |
4. | "Another Day Full of Dread" | 3:10 |
5. | "Death to Everyone" | 4:31 |
6. | "Knockturne" | 2:17 |
7. | "Madeleine-Mary" | 2:31 |
8. | "Song for the New Breed" | 3:24 |
9. | "Today I Was an Evil One" | 3:52 |
10. | "Black" | 3:46 |
11. | "Raining in Darling" | 1:54 |
Cancións extra no Xapón | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
12. | "I Am Drinking Again" | 5:33 | |||||||
13. | "Ode #2" | 4:07 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bonnie 'Prince' Billy* - I See A Darkness". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-08.
- ↑ 2,0 2,1 "Top 100 Albums of the 1990s - Page 10". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-15.
- ↑ Khan, Samir. "Bonnie “Prince” Billy: I See a Darkness". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-01-31.
- ↑ "I See a Darkness - Bonnie "Prince" Billy". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-01-31.
- ↑ "Home". AV Club (en inglés). Consultado o 2025-01-31.
- ↑ "NME.COM - BONNIE PRINCE BILLY - I See A Darkness - 25 January 1999". web.archive.org. 2000-08-17. Consultado o 2025-01-31.
- ↑ "Top 101-200 Favourite Albums Ever : The Stylus Magazine List - Article - Stylus Magazine". web.archive.org. 2005-12-14. Consultado o 2025-02-01.
- ↑ "The 100 Greatest Albums of Our Lifetime". Mojo (150): 65. Maio de 2006
- ↑ "Bonnie Prince Billy - I See A Darkness - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2025-02-01.
- ↑ "Stranded: I See A Darkness - Article - Stylus Magazine". web.archive.org. 2010-01-14. Consultado o 2025-02-01.
- ↑ "Album Review: Bonnie 'Prince' Billy - Arise Therefore; Joya; I See A Darkness (reissued)". DrownedInSound (en inglés). 2012-07-30. Consultado o 2025-02-01.
- ↑ "Bonnie "Prince" Billy: I See a Darkness". Q: 113. 2012
- ↑ "Johnny Cash - American IV: The Man Comes Around - Review - Stylus Magazine". web.archive.org. 2010-02-01. Consultado o 2025-02-01.
- ↑ "Steve Adey - All Things Real - Review - Stylus Magazine". web.archive.org. 2010-02-01. Consultado o 2025-02-01.