Iacobus Magnus é un álbum do grupo tradicional galegoMilladoiro gravado no ano 1994 entre Galiza e Inglaterra, nos Estudios Cormorán polo técnico X. M. Tasende e nos estudios Abbey Road (Londres). É o primeiro traballo de Milladoiro con orquestra, sendo o resultado unha suite orquestral en sete movementos composta, arranxada e orquestrada por Milladoiro e por encargo do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, como conmemoración do Ano Xubileu. Tódolos temas foron compostos baixo o canon da música tradicional.