A xeometría da alma é un álbum do grupo tradicional galegoMilladoiro gravado no ano 1993 en Galicia nos Estudios Cormorán polo técnico X. M. Tasende. É unha composición temática baseada nos cadros de Maruja Mallo. Serviu de banda sonora para a exposición antolóxica da devandita pintora surrealista coa que se inaugurou o Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago.