Ian Rankin
Nome orixinal | (en) Ian James Rankin |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de abril de 1960 (64 anos) Cardenden, Reino Unido |
Educación | Universidade de Edimburgo Beath High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor de xénero policial, novelista, escritor |
Período de actividade | 1986 - |
Empregador | Universidade de Edimburgo |
Xénero artístico | Ficção policial (pt) |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Jack Harvey |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | ianrankin.net |
Ian Rankin, nado o 28 de abril de 1960 en Cardenden, Fife, é un escritor en lingua inglesa de novelas policiais e guionista de banda deseñada escocés. É o creador das obras protagonizadas polo Inspector Rebus.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rankin estudou o bacharelato en Cowdenbeath e logo literatura na Universidade de Edimburgo. Logo de licenciarse estivo vivindo en Londres e tamén en Francia durante dez anos. Nese tempo, mentres se iniciaba como escritor, desempeñou moitos e variados traballos, como vendimador, pastor de porcos, recadador de impostos, experto en viños, xornalista especializado en tecnoloxía, administrativo ou músico nun conxunto punk.
Vive en Edimburgo coa súa muller (Miranda) e os seus dous fillos (Jack e Kit). Un deles padece unha enfermidade pouco frecuente chamada síndrome de Angelman.
En 2005 colaborou co músico de folk, Jackie Leven, no álbum Jackie Leven Said.
Obra
[editar | editar a fonte]As dúas primeiras novelas de Rankin, Knots and Crosses e Hide and Seek foron concibidas por el como relatos correntes na liña da tradición escocesa iniciada por Robert Louis Stevenson ou Muriel Spark (precisamente o tema da súa tese doutoral, aínda non rematada). Porén, dende un comezo os títulos foron encadrados no xénero policíaco, no que axiña Rankin se sentiu a gusto. As novelas que teñen como protagonista ao Inspector Rebus están localizadas en Edimburgo e el mesmo está considerado o principal representante do que se deu a coñecer como Tartan Noir ou novela negra escocesa.
A finais de 2006 comezou a súa colaboración como guionista de cinco ou seis entregas de Hellblazer, que despois se converteron nunha novela gráfica no seu conxunto, que permanece inédita.
En 2009 publicou a primeira novela protagonizada polo inspector Malcolm Fox, Asuntos internos (The Complaints, 2009), situada no Edimburgo da crise causada polas hipotecas subprime como pano de fondo.
Ningunha das súas obras foi aínda traducida ao galego.
Documentais
[editar | editar a fonte]Como xornalista, ten traballado na produción e presentación de programas de arte (Newsnight Review, na BBCTwo) e tamén en series de documentais máis centradas no seu campo de traballo. Así, desenvolveu un traballo de tres episodios dobre o demo para a cadea Channel 4 en 2002, e en 2005 presentou un documental de media hora na BBC4 sobre a relación entre casos reais e crimes de ficción, titulado Rankin on the Staircase (Rankin na escaleira).
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Recibiu unha bolsa Hawthornden para a creación literaria
- Premio Chandler-Fulbright
- Dous premios Dagger da Crime Writers' Association (CWA) de relato curto
- O Dagger Macallan de ouro na categoría de ficción por Black and Blue en 1997 (que tamén foi nomeada ao premio Edgar da Mystery Writers of America á mellor novela).
- O premio Edgar por Resurrection Men en 2004.
- O Dagger Cartier de diamante pola súa traxectoria de éxitos, en 2005.
Recibiu o doutoramento honoris causa polas universidades escocesas de Abertay Dundee, St Andrews e de Hull.
En xuño de 2002 recibiu a Orde do Imperio Británico.
Obras
[editar | editar a fonte]Escribiu ata o de agora as seguintes novelas, que podemos distribuír en ciclos:
As novelas do Inspector Rebus
[editar | editar a fonte]- Knots and Crosses (1987)
- Hide and Seek (1991)
- Tooth and Nail (1992 - titulada orixinalmente Wolfman)
- Strip Jack (1992)
- The Black Book (1993)
- Mortal Causes (1994)
- Let it Bleed (1996)
- Black and Blue (1997)
- The Hanging Garden (1998)
- Dead Souls (1999)
- Set in Darkness (2000)
- The Falls (2001)
- Resurrection Men (2002)
- A Question of Blood (2003)
- Fleshmarket Close (2004)
- The Naming of the Dead (2006)
Novelas de Jack Harvey
[editar | editar a fonte]- Witch Hunt (1993)
- Bleeding Hearts (1994)
- Blood Hunt (1995)
As novelas do Inspector Fox
[editar | editar a fonte]- The Complaints (2009)
Outros libros
[editar | editar a fonte]- The Flood (1986, publicada de novo en 2005 cun novo prólogo)
- Death is not the End (1998) (novela curta)
- A Good Hanging and Other Stories (1992) (relatos curtos)
- Beggars Banquet (2002) (relatos curtos)
- Watchman (1988, publicada de novo en 2004 cun novo prólogo)
- Rebus's Scotland: A Personal Journey (2005)
- Doors Open - unha novela por entregas publicada en New York Times
- One Book, One City
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do autor (en inglés)