Iannis Xenakis
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Nome orixinal | (el) Ιάννης Ξενάκης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de maio de 1922 Brăila (Reino de Romanía) |
Morte | 4 de febreiro de 2001 (78 anos) París (Francia) |
Residencia | Kypseli, Athens (en) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | National Technical University of Athens (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | compositor, profesor de música, músico, enxeñeiro, arquitecto, poeta |
Empregador | Gresham College (en) (1975–1978) Universidade de Indiana (pt) (1967–1972) |
Membro de | |
Xénero artístico | Música clásica contemporánea e música electrónica |
Movemento | Neue Musik (pt) |
Profesores | Aristotelis Koundouroff (en) |
Alumnos | John Cale, Nil Parent, Nikos Kypourgos (en) e Haris Xanthoudakis (en) |
Selo discográfico | BV Haast Records (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Françoise Xenakis (1953–) |
Fillos | Makhi Xenakis |
Irmáns | Kosmas Xenakis |
Premios | |
Descrito pola fonte | UbuWeb Obálky knih, Grove Dictionary of Music and Musicians (pt) |
Sitio web | iannis-xenakis.org |
Iannis Xenakis (Γιάννης Ξενάκης, tamén transliterado en francés como Yannis Xénakis) foi un compositor e arquitecto de ascendencia grega nado o 29 de maio de 1922 en Brăila, Romanía; nacionalizouse francés e pasou gran parte da súa vida en París, onde morreu o 4 de febreiro de 2001. Considérase como un dos compositores máis importantes da música contemporánea.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 10 anos trasladouse coa súa familia a Grecia, comezando logo estudos de inxeñería en Atenas. Os seus estudos interrómpense en 1941 coa ocupación nazi do su país. Participou na resistenza grega durante a segunda guerra mundial, e na primeira fase da guerra civil grega como membro da compañía de estudantes Lord Byron do Exército de Liberación do Pobo Grego (ELAS). En xaneiro de 1945 recibiu unha grave ferida de obús no lado esquerdo da cara que o puxo preto da morte, provocándolle a perda dun ollo e desfigurándolle parte do rostro. En 1946 puido finalizar os seus estudos obtendo o título de enxeñeiro, pero foi perseguido debido ao seu activismo político, e condenado a morte. Logrou fuxir e, grazas a un pasaporte falso, cruzar a fronteira rumbo a Francia en 1947.
Establecido en París, en 1948 ingresou no estudio do famoso arquitecto Le Corbusier como enxeñeiro calculista. Pronto comezou a colaborar nos proxectos de varias obras importantes saídas do estudio de Le Corbusier durante eses anos, como as unidades habitacionais de Nantes (1949), Briey-en-Forêt e Berlin-Charlottenburg (1954), os diferentes edificios constitutivos do plan de urbanismo de Chandigarh na India (1951), e o Centro Deportivo e Cultural de Bagdad (1957). Nestas obras Xenakis aplicou os mesmos procesos compositivos e estéticos que nas súas obras musicais da época.
Xenakis deseñou ademais dúas importantes obras da arquitectura do século XX: o convento de Santa María de La Tourette (1953), e especialmente o Pavillón Philips da Exposición Internacional de Bruxelas de 1958, baseado nas mesmas estruturas que a súa obra orquestral Metastasis de 1953-1954.[1] Para o interior do Pavillón encargóuselle a Edgar Varèse que realizara a música, quen compuxo o seu Poème Électronique, e o propio Xenakis compuxo Concret PH que se escoitaba nos interludios entre as presentacións da obra de Varèse.
Durante eses anos, Xenakis comezou paralelamente os seus estudos de composición en París, primeiro con Arthur Honegger e Darius Milhaud, cos que non tivo demasiado entendemento, e finalmente con Olivier Messiaen, con quen sí estudou regularmente a partir de 1952. En 1955 Hans Rosbaud dirixiu no Festival de Donaueschingen a súa primeira obra importante para orquestra: Metástase. Esta peza e as que lle seguiron, notablemente Pithoprakta de 1955-56, e Achorripsis de 1956-57, así como artigos publicados nos Gravesaner Blätter, a revista que dirixía Hermann Scherchen, déronlle a Xenakis unha notoriedade que finalmente lle permitiu dedicarse exclusivamente á composición.
En 1963 publicou Musiques Formelles (Música formalizada), posteriormente revisada, expandida e publicada en inglés como Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition en 1971, e novamente ampliada e revisada para a segunda e definitiva edición de 1990; unha colección de ensaios sobre as súas ideas musicais e técnicas compositivas, considerada unha das contribucións máis importantes á teoría da música do século XX. En 1997 obtivo o Premio Kyoto que concede a Fundación Inamori, de Kyoto.
Pioneiro do emprego da computadora na composición musical algorítmica, Xenakis fundou en 1966 o EMAMu, coñecido a partir de 1972 como CEMAMu (Centre d'Études de Mathématique et Automatique Musicales), instituto dedicado ao estudo de aplicacións informáticas na música. Alí Xenakis concibiu e desenvolveu o sistema UPIC, que permite a realización sonora directa da notación gráfica que se efectúa sobre unha taboíña.
Xenakis estivo casado coa escritora Françoise Xenakis.
Catálogo de obras
[editar | editar a fonte]Ano | Obra | Tipo de obra | Duración |
---|---|---|---|
1949 | Trio - voice, piano e frauta (peza escrita para Annette Dieudonné con quen estudaba neste período) | Música vocal | - |
1949/50 | Pièces sans titre (Menuet, Air populaire, Allegro molto, Mélodie, Andante) | Música solista (piano) | |
1950/51 | Six chansons, para piano | Música solista (piano) | 08:00 |
1952 | La colombe de la paix, para alto e coro mixto a 4 voces | Música coral (a capella) | - |
1952 | Zyia (2 versións: a) soprano, coro de homes e dúo (fl, pf) b) soprano, fl, pf | Música vocal | 10:00 |
1952 | Dhipli zyia (dúo), para violonchelo e violin | Música instrumental (dúo) | 05:30 |
1952 | Trois poèmes, para voz recitante e piano | Música vocal (piano) | - |
1952 | Tripli Zyia, para voz e piano (non publicada) | Música vocal (piano) | - |
1952 | Zyia Kathisto, para dúo de piano (composta durante os seus estudos con Messiaen) | Música solista (2 pianos) | - |
1952/53 | Procession aux eaux claires (Anastenaria I), para coro mixto, coro de homes e orquestra | Música coral (orquestra) | 11:00 |
1953 | Duo, for violin and cello (non publicada) | Música instrumental (dúo) | |
1953 | Le sacrifice (Anastenaria II), para 51 músicos | Música orquestral | 06:00 |
1953 | Stamatis Katotakis, canción de mesa, para voz e coro de homes à 3 voix | Música coral (a capella) | - |
1953/54 | Metastasis (terceira parte do tríptico Anastenaria), para orquestra de 60 músicos | Música orquestral | 07:00 |
1955/56 | Pithoprakta, para orquestra de 49 músicos | Música orquestral | 10:00 |
1956/57 | Achorripsis, para 21 instrumentos | Música instrumental | 07:00 |
1956/62 | Morsina-Amorsina (ST/4, 2-030762), para piano, violin, violonchelo e contrabaixo | Música de cámara (trío) | 11:00 |
1956/62 | ST/4 – 1,080262, para cuartero de cordas | Música de cámara (cuarteto) | 11:00 |
1956/62 | ST/10 –1,080262, para 10 instrumentos | Música instrumental | 11:00 |
1956/62 | ST/48 – 1,240162, para orquestra | Música orquestral | 11:00 |
1957 | Diamorphoses, para sons gravados | Música electroacústica | 07:00 |
1958 | Concret PH (inauguración do Pavillón Philips en Bruxelas), para sons gravados | Música electroacústica | 02:45 |
1958/59 | Analogiques A e B, conxunto de cordas (9) e sons gravados | Música instrumental | 07:00 |
1958/62 | Atrées (ST/10, 3-060962), para dez instrumentos | Música instrumental | 15:00 |
1959 | Duel, xogo para dúas orquestras | Música orquestral | 10:00 |
1959 | Syrmos, conxunto de cordas (18 o 36) | Música instrumental | 15:00 |
1960 | Orient-Occident, para sons gravados | Música electroacústica | 12:00 |
1960 | Vasarely, para cinta (Esbozo. Música para a película de P. Kassowitz e E. Szabo para a Exposición Vasarely) | Música de película | - |
1960/61 | Herma, para piano solo | Música solista (piano) | 10:00 |
1961 | Formes Rouges, para sete instrumentos (Esbozo. Música para a película de P. Kamler) | Música de película | 05:00 |
1962 | Bohor, sons gravados | Música electroacústica | 21:30 |
1962 | Polla ta Dhina (textos de Antígona de Sófocles), para coro de nenos e 48 músicos | Música coral (orquestra) | 06:00 |
1962 | Stratégie, para 2 orquestras | Música orquestral | 10:30 |
1962 | Amorsima-Morsima, para conxunto (Esbozo. Título alternativo: ST/10 - 2,080262) | Música instrumental | - |
1963/64 | Eonta, para piano e 5 instrumentos de metal (2 trompetas e 3 trombóns) | Música instrumental | 18:00 |
1964 | Hiketides, cuarteto de metais e conxuntos de cordas (24 o dobre); | Música instrumental | 10:00 |
1964/65 | Akrata, para cuarteto de saxofóns | Música instrumental (cuarteto) | 11:00 |
1965/66 | Oresteïa (revisión de 1987), sobre textos de Esquilo, suite para coro infantil, coro mixto con accesorios e conxunto de 12 músicos | Cantata | 60:00 |
1965/66 | Terretêktorh, para 88 músicos dispersados entre o público | Música orquestral | 18:00 |
1966 | Nomos Alpha, para violonchelo solista | Música solista (violonchelo) | 17:00 |
1967 | Polytope de Montréal, espectáculo de luz e son para 4 orquestras idénticas | Música incidental | 15:00 |
1967 | Médée (Textos de Séneca), música escénica sobre textos de Séneca, para coro masculino tocando ritmos con címbalos e 5 músicos | Música teatral | 25:00 |
1967/68 | Nuits sobre fonemas sumerios, asirios, aqueos e outros, para 12 voces mixtas solistas ou coro mixto | Música vocal (capella) | 12:00 |
1967/68 | Nomos Gamma, para 98 músicos dispersados entre o público | Música orquestral | 15:00 |
1969 | Persephassa, para 6 percusionistas | Música instrumental (percusión) | 24:00 |
1969 | Anaktoria, para conxunto de 8 músicos. | Música instrumental | 11:00 |
1969 | Synaphaï, para piano e orquestra | Música orquestral | 14:00 |
1968/69 | Kraanerg, música para ballet, para orquestra e cinta magnética de 4 canles | Ballet | 75:00 |
1969/70 | Hibiki Hana Ma, para orquestra e banda magnética | Música electroacústica | 18:00 |
1971 | Charisma, para clarinete e violonchelo | Música instrumental (dúo) | 04:00 |
1971 | Antikhthon, para orquestra | Música orquestral | 23:00 |
1971 | Mikka, para violon solo | Música solista (violín) | 04:00 |
1971 | Aroura, para 12 instrumentos de corda | Música instrumental | 12:00 |
1972 | Linaïa-Agon, trío de metais (cor, tb, tba) | Música instrumental (trío) | Variable |
1972 | Polytope de Cluny, sons gravados | Música incidental | 24:00 |
1972 | Persepolis, espectáculo luminoso, para luz e son (cinta magnética de 8 canles) | Música electroacústica | 56:00 |
1972 | Eridanos, para clarinete e violonchelo, orquestra | Música orquestral | 11:00 |
1973 | Cendrées, para coro mixto de 72 (ou 36) cantantes entoando fonemas de Iannis Xenakis e 73 músicos | Música coral (orquestra) | 25:00 |
1973 | Evryali, para piano solo | Música solista (piano) | 11:00 |
1974 | Noomena, para orquestra | Música orquestral | 17:00 |
1974 | Gmeeoorh, para órgano | Música solista (órgano) | 20:00 |
1974 | Erikhthon, para piano e orquestra | Música orquestral | 15:00 |
1975 | Phlegra, para conxunto | Música instrumental | 14:00 |
1975 | Psappha, para percusión | Música instrumental (percusión) | 13:00 |
1975 | Empreintes, para orquestra | Música orquestral | 12:00 |
1975 | N'Shima, sobre palabras e fonemas hebreos, para 2 mezzo-sopranos (ou altos) e 5 músicos (2 trompas, 2 trombóns e chelo amplificado) | Música vocal | 17:00 |
1975/76 | Theraps, para contrabaixo | Música solista (contrabaixo) | 11:00 |
1976 | Épei, para sexteto | Música instrumental | 13:00 |
1976 | Retours–Windungen, orixinal para doce violonchelos | Música instrumental | 08:00 |
1976 | Dmaaathen, óboe e percusión | Música instrumental (dúo) | 10:00 |
1976 | Khoaï, para clavecín | Música solista (clavecin) | 15:00 |
1976 | Mikka "S", para violín solo | Música solista (Violin) | 05:00 |
1977 | Jonchaies, para orquestra de 109 músicos | Música orquestral | 17:00 |
1977 | Akanthos. Fonemas de Iannis Xenakis, para soprano e octeto | Música vocal (instrumental) | 11:00 |
1977 | Kottos, para violonchelo solo | Música solista (violonchelo) | 08:00 |
1977 | A Hélène, coro de mulleres ou de homes | Música coral (a capella) | 10:00 |
1977 | A Colone, coro de homes ou de mulleres e conxunto | Música coral | 14:00 |
1977/78 | La légende d'eer (diatope), pieza electroacústica para banda de 8 pistas | Música electroacústica | 45:50 |
1978 | Ikhoor, para trío de cordas | Música de cámara (trío) | 11:00 |
1978 | Mycènes alpha, sons gravados | Música electroacústica | 10:00 |
1978 | Rothkamm | - | - |
1979 | Dikhthas, violín e piano | Música instrumental (dúo) | 12:00 |
1979 | Pleiades, para 6 percusionistas | Música instrumental (percusión) | 42:00 |
1979 | Palimpsest, para conxunto (11) | Música instrumental | 11:00 |
1979 | Anemoessa, coro mixto (42 ou 84) e orquestra | Música coral (orquestra) | 15:00 |
1980 | Aïs, barítono, percusión e orquestra | Música vocal (orquestra) | 17:00 |
1980 | Mists, para piano solo | Música solista (piano) | 12:00 |
1981 | Komboï, para clavecin e percusión | Música instrumental (dúo) | 17:00 |
1981 | Nekuïa. Fonemas e textos extraídos de Siebenkäs, de Jean-Paul Richter, e de Écoute, de Françoise Xenakis | Música coral (orquestra) | 26:00 |
1981 | Pour la Paix [(a) coro mixto b) coro mixto, 4 recitantes e sons gravados c) 4 recitantes e sons gravados d) sons gravados)] | Música coral | 37:00 |
1981 | Embellie, para viola solista | Música solista (viola) | 07:00 |
1981 | Serment-Orkos (Textos de Hipócrates), coro mixto | Música coral (a capella) | 07:00 |
1982 | Pour les Baleines, orquestra de cordas | Música orquestral (cámara) | 02:30 |
1982 | Pour Maurice, para barítono e piano | Música vocal (piano) | 04:00 |
1983 | Chant des soleils, para coro de nenos, coro mixto, conxunto de metais e percusión | Música coral (instrumental) | 08:00 |
1983 | Khal Perr, quinteto de metais e 2 perc | Música instrumental | 10:30 |
1983 | Shaar, para gran orquestra de cuerda | Música orquestral (cámara) | 14:00 |
1983 | Tetras, para cuarteto de cordas | Música de cámara (cuarteto) | 16:00 |
1983/84 | Lichens, para orquestra | Música orquestral | 16:00 |
1984 | Naama, clavecin | Música solista (clavecín) | 16:00 |
1984 | Thallein, para conxunto de cámara (14) | Música de cámara | 17:00 |
1985 | Jalons, para conxunto de 15 músicos (a frauta tocando tamén o piccolo, óboe, clarinete, clarinete baixo, trompa, trompeta, trombón, tuba, arpa e quinteto de corda)) | Música instrumental | 15:00 |
1985 | Nyûyô, cuarteto de instrumentos xaponeses (shakuhachi, sangen e 2 kotos) | Música instrumental | 10:00 |
1985 | Alax, para 3 ensembles (30 en total) | Música instrumental | 22:00 |
1985 | Idmen B. Fonemas e textos tomados da Teogonia de Hesiodo, para 6 percusionistas | Música instrumental (percusión) | 13:30 |
1985 | Idmen A. Fonemas tomados da Teogonia de Hesiodo, coro mixto (32 mínimo) e 4 percusionistas | Música coral (capella) | 14:00 |
1986 | Akea, quinteto para cordas e piano | Música de cámara | 12:00 |
1986 | Horos, para orquestra | Música orquestral | 16:00 |
1986 | Keren, para trombón | Música solista (trombón) | 06:00 |
1986 | Keqrops, para piano solista e orquestra de 92 músicos | Música orquestral | 17:00 |
1986 | A l'île de Gorée, clavecin e conxunto | Música instrumental | 14:00 |
1987 | Kassandra, para barítono amplificado (tamén tocando un salterio de 20 cordas) e percusión | Música vocal (instrumental) | 14:00 |
1987 | Tauriphaníe, sons gravados | Música electroacústica | 10:45 |
1987 | Tracées, para orquestra | Música orquestral | 06:00 |
1987 | a r., (Hommage à Ravel), para piano solo | Música solista (piano) | 03:00 |
1987 | XAS, para cuarteto de saxofóns | Música instrumental (cuarteto) | 09:00 |
1987 | Ata, para orquestra | Música orquestral | 16:00 |
1987/88 | Rebonds, para un percusionista | Música solista (Percusión) | 08:00 |
1988 | Waarg, para conxunto | Música instrumental | 16:00 |
1989 | Échange, para clarinete baixo e conxunto | Música solista (clarinete) | 14:00 |
1989 | Oophaa, para dúo (clavecin, percusión) | Música instrumental (dúo) | 09:00 |
1989 | Epicycle, vc e conxunto | Música vocal (instrumental) | 12:00 |
1989 | Voyage absolu des Unari vers Andromède, sons gravados | Música electroacústica | 15:30 |
1989 | Okho, para 3 djembes (percusión) | Música instrumental (percusión) | 13:30 |
1990 | Tetora, cuarteto de cordas | Música de cámara (cuarteto) | 17:00 |
1990 | Knephas. Phonèmes de Iannis Xenakis, para coro mixto | Música coral (a capella) | 10:00 |
1990 | Kyania, para orquestra | Música orquestral | 23:00 |
1990 | Tuorakemsu, para orquestra | Música orquestral | 03:40 |
1991 | Roáï, para orquestra | Música orquestral | 17:00 |
1991 | Troorkh, trombón e orquestra | Música orquestral | 17:00 |
1991 | Paille in the wind, dúo (vc, pf) | Música instrumental (dúo) | 07:00 |
1991 | Krinoïdi, para orquestra | Música orquestral | 15:00 |
1991 | Gendy3, sons gravados | Música electroacústica | 20:00 |
1991 | Dox-Orkh, para violín e orquestra | Música orquestral | 20:00 |
1992 | La déesse Athéna (La diosa Atenea), para barítono solista e conxunto mixto de 11 instrumentos | Música vocal (instrumental) | 09:00 |
1992 | Pu wijnuej we fyp, coro de nenos | Música coral (a capella) | 10:00 |
1993 | Plekto, para sextexto | Música instrumental | 14:00 |
1993 | Mosaïques, para orquestra | Música orquestral | 08:00 |
1993 | Les Bacchantes d'Euripide (Bakxai Evrvpidov) barítono, coro de mulleres e conxunto | Música coral (instrumental) | 60:00 |
1993/94 | Dämmerschein (Rays of Twilight), para gran orquestra | Música orquestral | 14:00 |
1994 | Mnamas kharin Witoldowi Lutoslawskiemu (A la Mémoire de Witold Lutoslaw ), para 2 trompetas e 2 trompas | Música instrumental | 04:00 |
1994 | Sea Nymphs, para coro mixto | Música coral (a capella) | 08:00 |
1994 | S.709, sons gravados | Música electroacústica | 07:00 |
1994 | Ergma, para cuarteto de cordas | Música instrumental | 09:00 |
1995 | Windungen (para 8 chelos) | Música instrumental | - |
1995 | Kaï, conjunto | Música instrumental | 08:00 |
1995 | Kuïlenn, conxunto de ventos | Música instrumental | 07:30 |
1995 | Koïranoï, para orquestra | Música orquestral | 12:00 |
1995 | Voile, conxunto de cordas | Música instrumental | 05:30 |
1996 | Ioolkos, para orquestra | Música orquestral | 08:30 |
1996 | Zythos, para tuba e 6 percusionistas | Música instrumental (percusión) | 08:00 |
1996 | Ittidra, para sexteto de cordas | Música instrumental | 08:30 |
1996 | Hunem-Iduhey, para violín e violonchelo | Música instrumental (dúo) | 03:00 |
1996 | Roscobeck, para dúo (vc, cb) | Música instrumental (dúo) | 08:00 |
1997 | O-Mega, para percusión e conxunto | Música instrumental | 03:30 |
1997 | Sea-Change, para orquestra | Música orquestral | 10:00 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sempre segundo as súas declaraciones, xa que en vida de le Corbusier nunca reclamou a súa autoría.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iannis Xenakis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Xenakis, Iannis: Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition; serie Harmonologia nº 6. Ed. Pendragon Press; Hillsdale, NY, 2001. ISBN 1-57647-079-2
- Xenakis, Iannis: Arts/Sciences: Alloys, The Thesis Defense of Iannis Xenakis, Pendragon Press, Nova York, 1985.
- Matossian, Nouritza: Xenakis. Ed. Kahn and Averill; Londres, 1990. ISBN 1-871082-17-X
- Varga Bálint András: Conversations with Iannis Xenakis. Ed. Faber and Faber; Londres, 1996. ISBN 0-571-17959-2