Igor Rakočević
Igor Rakočević, nado o 29 de marzo de 1978 en Belgrado, é un ex-xogador serbio de baloncesto profesional. Foi escollido dúas veces no mellor equipo da Euroliga, e foi tres veces o máximo anotador da competición. Con 1,94 metros de altura, xogou tanto de base coma de escolta, pero a maior parte da súa carreira xogou de escolta.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Antes de chegar á NBA, Rakočević xogou para o Crvena zvezda serbio e o Budućnost Podgorica montenegrino. Co Crvena zvezda conseguiu na tempada 1997-98 a YUBA Liga e rematou segundo na Copa Korać.
Rakočević foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Minnesota Timberwolves.[1] Non xogou na liga ata a tempada 2002-03, xogando 244 minutos en 42 partidos, e facendo 1.9 puntos, 0.8 asistencias e 0.4 rebotes por encontro. Ó remate da tempada, foi despedido polos Timberwolves e asinou cos San Antonio Spurs, pero foi cortado pouco despois sen chegar a debutar.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en ACB.com (en inglés)
- Perfil en DraftExpress.com Arquivado 18 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1978
- Nados en Belgrado
- Bases de baloncesto
- Escoltas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto de Serbia
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores do KK Crvena zvezda
- Xogadores do KK Budućnost Podgorica
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores do Valencia BC
- Xogadores do Real Madrid Baloncesto
- Xogadores do Saski Baskonia
- Xogadores do Anadolu Efes SK
- Xogadores do Mens Sana Basket
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2000
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Iugoslavia
- Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia e Montenegro