Igrexa de San Cirilo de Turaŭ (Londres)
Igrexa de San Cirilo de Turaŭ e de todos os santos patróns do pobo belaruso | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
País | Reino Unido |
Tipo | Igrexa |
Advocación | Cirilo de Turaŭ |
Localización | Londres, Reino Unido |
Coordenadas | 51°37′00″N 0°11′05″O / 51.6167, -0.1847 |
Culto | |
Culto | Greco-católico |
Diocese | Eparquía de Londres |
Arquitectura | |
Construción | 2016 |
Arquitectos | Tszwai So |
Páxina web | http://belaruschurch.org.uk/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Igrexa de San Cirilo de Turaŭ e de todos os santos patróns do pobo belaruso (en belaruso: Царква Сьвятога Кірылы Тураўскага і ўсіх сьвятых заступнікаў беларускага народу; en inglés: Church of St Cyril of Turau and All the Patron Saints of the Belarusian People) é un templo londiniense da Igrexa católica bizantina belarusa.
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa foi erixida no centro cultural e relixioso belaruso do norte de Londres, que tamén inclúe a Biblioteca e Museo Belarusos Francis Skaryna. Foi a primeira igrexa de madeira construída na cidade dende o grande incendio de 1666, o primeiro templo especificamente construído para os greco-católicos en Londres, o primeiro memorial ás vítimas do desastre de Chernóbil en Europa occidental, e a primeira igrexa católica belarusa erixida no estranxeiro.[1]
O proxecto foi ideado polo sacerdote da misión católica belarusa de Londres, Siarhiej Stasievič, e levado a cabo polo arquitecto británico de orixe chinesa e fiel greco-católico Tszwai So.[2] O proxecto foi aprobado tanto pola Santa Sé como pola arquidiocese de Westminster.
Os traballos de construción comezaron en novembro de 2015, e os cimentos completáronse en xaneiro de 2016. A pedra angular foi traída do antigo mosteiro dos marianos de Druja (hoxe igrexa da Santa Trindade de Druja).[3] O 17 de decembro de 2016 a igrexa foi consagrada polo bispo da Sagrada Familia de Londres Hlib Lonchyna, na que participaron tamén o nuncio Antonio Mennini, e o visitador apostólico para os belarusos Siarhiej Hajek.[4]
O 13 de maio de 2017 unha parte das cinsas da poeta e tradutora do belaruso Vera Rich foron enterradas na capela de san Xurxo da igrexa, nunha cerimonia oficiada polo bispo de Chicago Venedykt Aleksiichuk.[5] A igrexa tamén é sé da misión para os greco-católicos eslovacos de Londres.[6]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]O templo baséase na tradición de igrexas de madeira e no barroco belaruso, e tendo en conta a estética do rito bizantino. O arquitecto Tszwai So levou a cabo un estivo sobre o terreo en Belarús, estudando a arquitectura das igrexas greco-católicas anteriores á conquista rusa do século XVIII.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi presentada no London Festival of Architecture, onde recibiu o Premio RIBA Rexional de Londres de 2017. Recibiu tamén o premio do público nos New London Awards de 2017.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Belarusian Memorial Chapel". Royal Institute of British Architects (en inglés). Consultado o 19/10/2018.
- ↑ 2,0 2,1 So, Tszwai (outubro de 2014). "Remembering Chernobyl: A New Chapel for London's Belarusian Catholics" (PDF). Oremus: Westminster Cathedral Magazine (196): 19–20. ISSN 1366-7203. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2018.
- ↑ "Stone From Druya Became Cornerstone Of Belarusian Church In London". Krynica.info: Belarusian Christian News (en inglés). 8 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 19/10/2018.
- ↑ "У Лондане асвяцілі беларускую царкву". Belarusian Church in London (belaruschurch.org.uk) (en belaruso). 16 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2018.
- ↑ "Blessing of the shrine of St. George and Divine Liturgy in memory of Vera Rich". Belarusian Church in London (belaruschurch.org.uk) (en belaruso). 13 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2018.
- ↑ "Slovak Byzantine Catholic Mission of Blessed Metod Dominik Trcka in London". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2018. Consultado o 19 de outubro de 2018.