Saltar ao contido

Igrexa de Santa Uxía de Ribeira

Igrexa de Santa Uxía de Ribeira
PaísEspaña
LocalizaciónRibeira
Coordenadas42°33′16″N 8°59′31″O / 42.554375027114, -8.9919499315261
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santa Uxía de Ribeira é un templo católico na vila de Ribeira.

Construíuse entre 1861 e 1864 con deseño do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez, autor tamén das igrexas de Santa María de Oza, Santa María de Ordes e San Nicolao da Coruña, todas elas con fachadas semellantes.

A planta é de cruz latina con capelas laterais na nave central. A cubrición desta nave central de bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que repousan sobre pilastras, e as das capelas de bóveda de aresta. O cruceiro remata nunha cúpula e o presbiterio por un casquete esférico.

A cuberta é a dúas augas con tella. Os muros son de cachotaría careada e a fachada de cadeirado de granito. A decoración é moi austera, e limítase á fachada principal. Ambos os dous laterais están formados por dúas torres-campanario, sen decoración, salvo as cornixas que marcan os tres tramos e que se prolongan no corpo central da fachada. Este está formado por dous machóns laterais, con cadansúas fornelas e rematado cun frontón triangular. No entrepano central hai unha porta rectangular, lixeiramente moldurada e, sobre ela, unha ventá semicircular que ilumina o coro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]