Ijimaia loppei
Ijimaia loppei | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Ijimaia loppei Roule, 1922 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Ateleopus barnardi Poll, 1953 |
O Ijimaia loppei Roule, 1922, é un peixe que pertence á familia Ateleopodidae, e que habita nas costas atlánticas de África, entre a costa meridional de Marrocos (paralelo 31N) e o cabo de Agullas en Suráfrica (paralelo 35S). Porén, e moi ocasionalmente, ten sido avistado en Galicia[1].
Descrición
[editar | editar a fonte]De cor marrón escura ou negra, é un peixe cunha gran cabeza e un corpo progresivamente máis estreito, semellante a un peixe sapo, que supera o metro de longo.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Tamén coñecido por Ateleopus barnardi, foi identificado e descrito polo francés Louis Roule en 1922. Coñécese pouco da súa bioloxía e ecoloxía, fóra de que habita en augas fondas, entre os 200 e os 700m de profundidade. Habita os fondos mariños costeiros, onde agarda a chegada doutros peixes máis pequenos e de equinodermos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entregan en el Centro Oceanográfico de Vigo del IEO un extraño pez capturado en aguas gallegas Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine., web do Instituto Español Oceanográfico