Saltar ao contido

Il cane di terracotta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Il cane di terracotta
Título orixinalIl cane di terracotta
Autor/aAndrea Camilleri
OrixeItalia
Linguaitaliano - siciliano
Xénero(s)Novela policial
EditorialSellerio editore
Data de pub.1996
Páxinas275
ISBNISBN 88-389-1226-2
Precedido porLa forma dell'acqua (1994)
Seguido porIl ladro di merendine (1996)
editar datos en Wikidata ]

Il cane di terracotta é unha novela policíaca en lingua italiana de Andrea Camilleri, publicada en 1996, pola editorial Sellerio. É a segunda entrega da saga protagonizada polo Comisario Montalbano. En 1997 recibiu o XI Premio Letterario Chianti[1].

Montalbano mantén unha amizade con Gege, un proxeneta ao que coñece desde a escola. Esta amizade é coñecida só por eles dous. Gege dille que Tanu "o Grego", un asasino fuxitivo, quere renderse a Montalbano. Tanu é un mafioso da vella escola, que e sente estraño ante as novas mafias que non respectan as normas e tradicións, polo que prefire morrer no cárcere, e non nunha gabia. Entrégase a Montalbano, pero cun pouco de "teatro" para salvar a imaxe. Pero a mafia desconfía e durante un traslado dunha cadea a outra máis segura, dous gardacostas son mortos e Tanu é ferido de morte. Isto confirma que hai unha toupa dentro da policía.

Tanu, a piques de morrer, dille a Montalbano que existe un arsenal de armas escondido nunha cova. Nun recuncho da mesma cova, tras dunha falsa parede, aparecen dous cadáveres espidos e abrazados, finados durante a segunda guerra mundial, xunto a un can de terracota e unha cunca con moedas.

Descóbrese que os rapaces son Mario Cunich e Elisa Muscat, e o Comisario busca reconstruír os acontecementos coa axuda de Calogero Rizzitano, un dos protagonistas dos feitos, que confirma que o asasino dos rapaces foi o seu pai, Stefano Moscato.

Montalbano comprende o sentido simbólico da composición dos corpos na cova e da presenza do can de terracota, por unha cita do Corán á súa vez baseada nos Sete dormentes de Éfeso.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

A novela foi adaptada a un filme para televisión en 2000, con Luca Zingaretti interpretando a Montalbano.