Saltar ao contido

Andrea Camilleri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrea Camilleri

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Porto Empedocle, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 2019 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio protestante Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Nacional de Artes Dramáticas Silvio D'Amico (pt) Traducir
Universidade de Palermo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFicción detectivesca, dirección teatral, realização de televisão (pt) Traducir, dramatic game (en) Traducir e detective literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, escritor de contos, realizador, dramaturgo, director de televisión, novelista, director de cinema, prosista, guionista, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 2019 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFicção policial (pt) Traducir, mistério (pt) Traducir, poesía, conto e Guión Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0131799 BNE: XX1328252 Bitraga: 1722 Dialnet: 2119916 Musicbrainz: 05aa6c3c-6aff-4693-8606-9323d0c08ab1 Discogs: 628819 Editar o valor en Wikidata

Andrea Camilleri, nado en Porto Empedocle (Sicilia) o 6 de setembro de 1925 e finado en Roma o 17 de xullo de 2019, foi un guionista, director teatral e televisivo, e novelista italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Andrea Camilleri.

Entre 1939 e 1943 estudou o bacharelato clásico en Empedocle dei Agrigento, onde obtivo, na segunda metade de 1943, o diploma. En 1944 inscribiuse na facultade de Letras; non continuou os estudos, senón que comezou a publicar contos e poesías. Inscribiuse tamén no Partido Comunista Italiano. Entre 1948 e 1950 estudou Dirección na Academia de Arte Dramática "Silvio d'Amico", e comezou a traballar como director e libretista. Nestes anos, e ata 1954, publicou contos e poesías, gañando o "Premio St. Vincent".

En 1954 participou con éxito nunha proba para ser funcionario na RAI, pero non foi empregado pola súa condición de comunista. Con todo, entrou na RAI algúns anos máis tarde. En 1957 casou con Rosetta Dello Siesto, con quen tivo 3 fillas e 4 netos. Ó ano seguinte comezou a ensinar no Centro Experimental de Cinematografía de Roma.

Durante corenta anos foi guionista e director de teatro e televisión. Camilleri iniciouse cunha serie de montaxes de obras de Luigi Pirandello, Eugène Ionesco, T.S. Eliot e Samuel Beckett para o teatro, e como produtor e coguionista da serie do inspector Maigret de Georges Simenon para a televisión italiana ou as aventuras do tenente Sheridan, que se fixeron moi populares en Italia.

En 1978 debutou na narrativa con Il corso delle cose (O curso das cousas), escrito 10 anos antes e publicado por un editor pago: o libro foi un fracaso. En 1980 publicou en Garzanti Un fío dei fumo (Un fío do fume), primeiro libro dunha serie de novelas ambientadas na cidade imaxinaria siciliana de Vigàta (transfiguración da súa cidade natal[1]), entre finais do século XIX e inicios do século XX.

En 1992 retomou a escritura logo de 12 anos de pausa e publicou A stagione della caccia (A tempada de caza) en Sellerio Editore: Camilleri transformouse nun autor de grande éxito e os seus libros, con sucesivas reedicións, venderon unha media de 60 mil copias cada un.

En 1994 publicouse La forma dell'acqua (A forma da auga), primeira novela da serie protagonizada polo comisario Montalbano (nome elixido como homenaxe ao escritor español Manuel Vázquez Montalbán). Grazas a esta serie de novelas policíacas, o autor converteuse nun dos escritores de máis éxito do seu país. O personaxe pasou a ser un heroe nacional en Italia e protagonizou unha serie de televisión supervisada polo seu creador.

Na súa linguaxe literaria empregaba moitos elementos sicilianos.

  • I teatri stabili in Italia (1898-1918) (1959)
  • Il corso delle cose (1978)
  • Un filo di fumo (1980)
  • La strage dimenticata (1984)
  • La stagione della caccia (1992)
  • La bolla di componenda (1993)
  • Il gioco della mosca, Il birraio di Preston (1995)
  • A concesión do teléfono (La concessione del telefono, 1998; Premio Società dei Lettori, Lucca-Roma)
  • La mossa del cavallo (1999)
  • La scomparsa di Patò (2000)
  • Biografia del figlio cambiato (2000)
  • Favole del tramonto (2000)
  • Racconti quotidiani (2001)
  • Gocce di Sicilia (2001; relatos)
  • Il re di Girgenti (2001)
  • Le parole raccontate. Piccolo dizionario dei termini teatrali (2001)
  • L'ombrello di Noè. Memorie e conversazioni sul teatro (2002)
  • La linea della palma. Saverio Lodato fa raccontare Andrea Camilleri (2002)
  • Le inchieste del Commissario Collura (2002)
  • La presa di Macallè (2003)
  • Un inverno italiano (2003; con Saverio Lodato)
  • Romanzi storici e civili (2004)
  • Privo di titolo (2005)
  • Il medaglione (2005)
  • Il diavolo - Tentatore/Innamorato (2005)
  • A pensión Eva (La pensione Eva, 2006; publicada en galego por Editorial Galaxia)
  • Vi racconto Montalbano, Interviste (2006)
  • Pagine scelte di Luigi Pirandello (2007)
  • Il colore del sole (2007)
  • Le pecore e il pastore (2007)
  • Boccaccio - La novella di Antonello da Palermo (2007)
  • Voi non sapete. Gli amici, i nemici, la mafia, il mondo nei pizzini di Bernardo Provenzano (2007)
  • Maruzza Musumeci (2007)
  • Il tailleur grigio (2008)
  • Il casellante (2008)
  • La Vucciria (2008)
  • La muerte de Amalia Sacerdote (2008; en castelán)
  • Un sabato, con gli amici (2009)
  • Il sonaglio (2009)
  • Il cielo rubato - Dossier Renoir (2009)
  • La tripla vita di Michele Sparacino (2009)
  • La rizzagliata (2009; tradución ao italiano de La muerte de Amalia Sacerdote)
  • Un inverno italiano (2009; con Saverio Lodato)
  • Il nipote del Negus (2010)

Serie de Montalbano

[editar | editar a fonte]
  • La forma dell'acqua (1994)
  • Il cane di terracotta (1996)
  • Il ladro di merendine (1996)
  • La voce del violino (1997)
  • Un mese con Montalbano (1998)
  • Gli arancini di Montalbano (1999)
  • La gita a Tindari (2000)
  • L'odore della notte (2001)
  • La paura di Montalbano (2002)
  • Storie di Montalbano (2002)
  • Il giro di boa (2003)
  • La pazienza del ragno (2004)
  • La prima indagine di Montalbano (2004)
  • La luna di carta (2005)
  • La vampa d'agosto (2006)
  • Le ali della sfinge (2006)
  • A pista de area (La pista di sabbia, 2007; publicada en galego por Editorial Galaxia)
  • Il campo del vasaio (2008)
  • L'età del dubbio (2008)
  • Racconti di Montalbano (2008)
  • Il Commissario Montalbano - Le prime indagini' (2008)
  • La danza del gabbiano (2009)
  • Ancora tre indagini per il commissario Montalbano (2009)
  • La caccia al tesoro (2010)
  • Andrea Camilleri - Italo Insolera, L'occhio e la memoria: Porto Empedocle 1950
  1. https://www.lasicilia.es/porto-empedocle En abril de 2003 o concello de Porto Empedocle asumiu o nome oficial de Porto Empedocle Vigata

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]