La forma dell'acqua
La forma dell'acqua | |
---|---|
Título orixinal | La forma dell'acqua |
Autor/a | Andrea Camilleri |
Orixe | Italia |
Lingua | italiano - siciliano |
Xénero(s) | Novela policial |
Editorial | Sellerio editore |
Data de pub. | 1994 |
Páxinas | 176 |
ISBN | ISBN 88-389-1017-0 |
Seguido por | Il cane di terracotta (1996) |
[ editar datos en Wikidata ] |
La forma dell'acqua é unha novela en lingua italiana de Andrea Camilleri, publicada en 1994 pola editorial de Palermo Sellerio editore. É a primeira novela da saga protagonizada polo comisario Salvo Montalbano.
Trama
[editar | editar a fonte]Pino Catalano e Saro Montaperto, dous arquitectos que por necesidade traballan recollendo lixo nunha zona frecuentada por prostitutas, e atopan dentro dun coche o cadáver dun político local, o enxeñeiro Luparello, medio espido. Amais, Saro atopa preto de alí un colar de ouro de moito valor, que esconde coa idea de vendelo para pagar a terapia do seu fillo doente. Antes de avisaren á policía, deciden chamar ao avogado Rizzo , amigo e conselleiro político do defunto e o previsible sucesor no seu posto no partido. Porén, este indícalles que avisen á policía.
O comisario Montalbano faise cargo do caso. O forense Pasquano infórmao de que Luparello morreu por un ataque ao corazón logo dun encontro sexual. Á comisaría chega un bolso coas iniciais de Ingrid Sjöstrom, muller do rival político de Luparello, e Montalbano sospeita que é un truco para intentar involucrala, polo que esconde o bolso.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Foi traducido ao inglés, alemán, sueco e castelán entre outros idiomas. A tradución ao francés de Serge Quadruppani como La forme de l'eau recibiu o premio á mellor novela estranxeira no 'Prix Mystère de la Critique' de 1999.