Saltar ao contido

Illa Mangareva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla Mangareva
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 23°06′S 134°57′O / -23.1, -134.95
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Gambier Editar o valor en Wikidata
CapitalRikitea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.239 (2012) Editar o valor en Wikidata (80,45 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie15,4 km² Editar o valor en Wikidata
Medición1,3 (ancho) × 8 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude83 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Duff (pt) Traducir (441 m) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC−9 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Mangareva é a illa principal do arquipélago das Gambier, na Polinesia Francesa. Situado a 1.400 km ao sueste de Tahití. O nome Mangareva significa «montaña flotante». Foi descuberta en 1797, polo inglés James Wilson, que a chamou Peard.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Mangareva é a illa máis grande das Gambier, cunha superficie total de 14 km², un 56% do total do arquipélago. Tamén ten o punto máis alto do grupo: o Monte Duff de 441 m, que leva o nome do barco de Wilson, e á beira está o Monte Mokoto de 423 m. A illa está rodeada por unha barreira de escollos de 64 km de circunferencia. Á beira da lagoa e ao pé do Monte Duff está a vila principal, Rikitea. A vexetación é abundante en flores, arbustos e froitos.

A poboación total, no censo do 2002, era de 1.097 habitantes. A principal actividade económica é o cultivo de perlas, coa apreciada perla negra. O dialecto polinesio que se fala está emparentado cos dialectos das illas Austrais e das illas Cook meridionais.

O aeroporto atópase no illote Totegegie, a 45 minutos en barca.

Mangareva ten numerosos vestixios arqueolóxicos dos séculos XII ao XV. Preto de Rikitea atópanse a residencia real (Marau Tagaroa), a dos xefes relixiosos (Te Hau o te Vehi), a casa comunal (Are Apere), o templo principal ou marae (Te Kehika), e ata cinco maraes máis.

Contrariamente ás outras illas, onde os polinesios introduciron porcos, cans e galiñas, en Mangareva a poboación seguía un réxime vexetariano e de peixe, a poboación obtiña os recursos carentes na illa comerciando cos habitantes de Illas Pitcairn e as Illas Marquesas. Con todo Mangareva é unha illa cun ecosistema moi susceptible e a actividade humana provocou a súa rápida deforestación, ao non ter árbores a poboación non puido construír canoas e quedou illada, ao perder todos os recursos que obtiña das illas veciñas a calidade de vida caeu repentinamente e parece que ata houbo unha guerra civil e actos de canibalismo. Isto provocou indirectamente a desaparición da poboación en Pitcairn e Henderson.

En 1834 foi o lugar escollido pola Congregación do Sacro Corazón como base para establecer a primeira misión católica na Polinesia. Os pais Laval e Caret deixaron un patrimonio arquitectónico monumental:

  • Catedral de San Miguel, de 48 m de longo, 9 m de alto, e capacidade para 2.000 persoas.
  • Igrexa de San José, de 21 m.
  • Capela de San Miguel, no cemiterio de Rikitea.
  • Capela de Santa Ana.
  • Capela de San Pedro, coa tumba do rei bautizado Gregorio.
  • Convento de Santa Ágata.
  • Casas reitorais, conventos, camiños de procesión, arco do triunfo no palacio real, fornos de pan, cárcere...

Para máis información consultar o apartado correspondente ás illas Gambier.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]