Saltar ao contido

Ilyas Chaira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIlyas Chaira
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 2001 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Ripoll, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaMarrocos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2024– cesión   Real Oviedo

Ilyas Chaira Oihi, nado en Marrocos o 2 de febreiro de 2002, é un futbolista marroquí, que xoga como extremo dereito no Oviedo, da Segunda División, cedido polo Girona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Marrocos, aos seis anos trasladouse á vila catalá de Ripoll xunto cos seus pais e o seu irmán.[1] Comezou a xogar ao fútbol nas rúas, ata que aos 12 anos se anotou nas escolas de fútbol do seu pobo. En 2015 foi fichado polo Girona FC para a súa canteira.[1]

O 7 de abril de 2019 debutou co Girona B na Primeira Catalá e o 9 de setembro de 2020, tras rematar a súa etapa como xuvenil, foi cedido á UD Ibiza, da Segunda División B.[2] Co equipo de Eivisa participou do histórico primeiro ascenso do club á Segunda División, contribuíndo con oito partidos e un gol. Nas seguintes dúas campañas xogou cedido en equipos da nova Primeira Federación, primeiro na UE Costa Brava e logo no San Fernando.[3]

En xullo de 2023, tras marcar 11 goles co Sanfer, renovou o seu contrato co Girona ata 2026, e foi cedido ao Mirandés, da Segunda División. Para a tempada 2024/25 foi cedido ao Real Oviedo, tamén de Segunda.[4]

  1. 1,0 1,1 "Ahora estoy jugando, pero hay que entrenar duro cada día para no bajarse del tren" (en castelán). 26 de outubro de 2022. Consultado o 3 de marzo de 2025. 
  2. "Ilyas Chaira llega cedido a la UD Ibiza" (en castelán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2025. 
  3. "El San Fernando CD incorpora a Ilyas Chaira cedido por el Girona FC" (en castelán). Consultado o 3 de marzo de 2025. 
  4. "Ilyas Chaira, cedit al Real Oviedo" (en catalán). 24 de agosto de 2024. Consultado o 3 de marzo de 2025.