Museo Imperial da Guerra
Museo Imperial da Guerra | |
---|---|
Coordenadas | 51°29′45″N 0°06′31″O / 51.495831, -0.108662 |
País | Reino Unido |
Cidade | Southwark |
Director | Diane Lees |
Inauguración | 1917 |
Superficie | 54.600 m² |
Na rede | |
https://www.iwm.org.uk e https://www.iwm.org.uk/visits/iwm-london | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Imperial da Guerra (Imperial War Museum en inglés) é o museo militar británico. Creouse logo da primeira guerra mundial en 1917.
Orixinalmente situado no Crystal Palace en Sydenham Hill, o museo abriu as súas portas en 1920. En 1924 o museo foi trasladado ao Instituto Imperial en South Kensington e, finalmente, en 1936, o museo adquiriu un local permanente onde antes se atopaba o Hospital Real de Bethlem en Southwark. Durante 1970 o museo comezou a expandirse cara a outras sedes.
As coleccións do museo inclúen arquivos de documentos persoais e oficiais, fotografías, material cinematográfico, gravacións de historia oral, unha ampla biblioteca, unha colección de arte e vehículos e avións militares.
Atópase distribuído en diversas instalacións en Inglaterra, tres das cales atópanse en Londres:
- A Sede principal do Imperial War Museum atópase situada en Londres e trata sobre todo da primeira guerra mundial e en menor medida da segunda guerra mundial.
- O Museo Imperial de Guerra de Duxford, preto de Cambridge, é un importante museo aeronáutico con dúas coleccións distintas, unha sobre os avións americanos e outra sobre os avións británicos.
- O edificio de Manchester é coñecido como do norte (Imperial War Museum North) está situado en Trafford e abriuse o 5 de xullo de 2002 nun edificio singular deseñado polo arquitecto Daniel Libeskind.
- O buque de guerra HMS Belfast, fondeado no Támese diante da Torre de Londres.
- Churchill War Rooms, situado no interior do centro de mando de Winston Churchill durante a segunda guerra mundial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo Imperial da Guerra |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en inglés) Sitio oficial do museo
- (en inglés) Through My Eyes website (contén historias persoais sobre a guerra que se encontran nos arquivos do museo.)