In the Wee Small Hours
In the Wee Small Hours | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Frank Sinatra | ||||
Publicado | 25 de abril de 1955 | |||
Gravación | febreiro - marzo de 1955 | |||
Estudio(s) | KHJ, Hollywood | |||
Duración | 49:52 | |||
Xénero(s) | jazz vocal, pop tradicional | |||
Selo(s) | Capitol Records | |||
Produtor | Voyle Gilmore | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
In the Wee Small Hours é o noveno álbum de estudio de Frank Sinatra, publicado o 25 de abril de 1955 a través do selo Capitol Records. O disco foi producido por Voyle Gilmore con arranxos de Nelson Riddle. As cancións do álbum tratan temas como a introspección, a melancolía, o amor perdido, as relacións fracasadas, a depresión e a vida nocturna; como tal, foi chamado un dos primeiros álbums conceptuais.[1] A portada reflicte estes temas, retratando a Sinatra so pola noite nunha rúa misteriosa e deserta da cidade inundada de farolas de cores azuis.
O álbum foi un éxito comercial, consolidando o rexurdimento da carreira de Sinatra despois de lanzar unha serie de sinxelos exitosos e dous álbums anteriores con Capitol, e de gañar un Óscar polo seu papel na película From Here to Eternity. In the Wee Small Hours chegou ao número 2 da lista Billboard 200 estadounidense, onde estivo 18 semanas, converténdose no álbum de Sinatra que chegou máis arriba nas listas dende Songs by Sinatra en 1947. Foi publicado como dous discos LP de 10 polgadas, pero tamén como un disco LP de 12 polgadas, o que o converte nun dos primeiros deste tipo no pop. Tamén se publicou como catro EPs de catro cancións a 45 rpm vendidos en fundas de cartón coa mesma portada que os LPs. O éxito do álbum axudou a popularizar o LP de 12 polgadas na música popular, e o formato de 10 polgadas caeu rapidamente na obsolescencia.
Aclamado pola crítica desde o seu lanzamento inicial, Rolling Stone púxoo no número 100 da súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos en 2003, deixándoo no número 101 na revisión de 2012 e no 282 na actualización de 2020.[2][3][4] Sinatra seguiría gravando con éxito álbums "conceptuais" con lanzamentos posteriores, como Songs for Swingin' Lovers! (1956), Where Are You? (1957), Only the Lonely (1958) e No One Cares (1960).[5]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]A principios da década de 1950 a carreira de Sinatra estaba en declive ao perder o seu público adolescente "bobby soxer" ao achegarse aos 40 anos. En 1951, chegou a tentar suicidarse, segundo o autor James Kaplan.[6] Máis tarde ese ano, emitiuse na CBS unha segunda tempada de The Frank Sinatra Show, pero non conseguiu a mesma acollida positiva que tivo a primeira tempada, xa que o seu anfitrión perdera a súa enerxía anterior. Máis tarde, Sinatra foi botado de Columbia Records.
En contra dos desexos dos seus colegas, o 14 de marzo de 1953 o vicepresidente de A&R do Capitol Records, Alan Livingston, fichou a Sinatra cun contrato de sete anos. O acordo resultou ser un éxito; máis tarde ese ano en agosto, Sinatra apareceu como o soldado Angelo Maggio na película From Here to Eternity. O filme foi un éxito e a súa interpretación foi aclamada, gañando o Óscar ao mellor actor secundario[7] e o Globo de Ouro tamén ao mellor actor secundario. Con esta nova popularidade, gravou dous LPs de 10", Songs for Young Lovers e Swing Easy!, que alcanzaron o número tres da lista de álbums da Billboard, chegando este último ao número cinco das listas de álbums do Reino Unido. A súa actuación como personaxe principal en The Man with the Golden Arm valeulle nomeacións ao mellor actor nos Premios da Academia e aos premios BAFTA.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Compositor(es) | Duración | ||||||
1. | "In the Wee Small Hours of the Morning" | Bob Hilliard e David Mann | 3:00 | ||||||
2. | "Mood Indigo" | Barney Bigard, Duke Ellington e Irving Mills | 3:30 | ||||||
3. | "Glad to Be Unhappy" | Richard Rodgers e Lorenz Hart | 2:35 | ||||||
4. | "I Get Along Without You Very Well" | Hoagy Carmichael | 3:42 | ||||||
5. | "Deep in a Dream" | Eddie DeLange e Jimmy Van Heusen | 2:49 | ||||||
6. | "I See Your Face Before Me" | Howard Dietz e Arthur Schwartz | 3:24 | ||||||
7. | "Can't We Be Friends?" | Paul James e Kay Swift | 2:48 | ||||||
8. | "When Your Lover Has Gone" | Einar Aaron Swan | 3:10 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Compositor(es) | Duración | ||||||
9. | "What Is This Thing Called Love?" | Cole Porter | 2:35 | ||||||
10. | "Last Night When We Were Young" | Harold Arlen e Yip Harburg | 3:17 | ||||||
11. | "I'll Be Around" | Alec Wilder | 2:59 | ||||||
12. | "Ill Wind" | Harold Arlen e Ted Koehler | 3:46 | ||||||
13. | "It Never Entered My Mind" | Richard Rodgers e Lorenz Hart | 2:42 | ||||||
14. | "Dancing on the Ceiling" | Richard Rodgers e Lorenz Hart | 2:57 | ||||||
15. | "I'll Never Be the Same" | Gus Kahn, Matty Malneck e Frank Signorelli | 3:05 | ||||||
16. | "This Love of Mine" | Sol Parker, Henry W. Sanicola, Jr. e Frank Sinatra | 3:33 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cullen, Jim (2001). Restless in the Promised Land: Catholics and the American Dream : Portraits of a Spiritual Quest from the Time of the Puritans to the Present. Rowman & Littlefield. pp. 98-. ISBN 978-1-58051-093-6
- ↑ "Rolling Stone – The 500 Greatest Albums of All Time (2003)". Genius. Consultado o 2024-08-24.
- ↑ "500 Greatest Albums: In the Wee Small Hours - Frank Sinatra". Rolling Stone. 2012-05-27. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2011. Consultado o 2024-08-24.
- ↑ Stone, Rolling (2023-12-31). "The 500 Greatest Albums of All Time". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-08-24.
- ↑ Rojek, Chris (2004). Frank Sinatra. Polity. pp. 43-. ISBN 978-0-7456-3090-8
- ↑ Kaplan, James, ed. (2010). Frank: the voice (1st ed ed.). New York: Doubleday. ISBN 978-0-385-51804-8.
- ↑ "Academy Awards® Database - AMPAS". archive.ph. 2012-07-19. Archived from the original on 19 de xullo de 2012. Consultado o 2024-08-24.