Instituto Kavli de Nanociencia de Delft
Instituto Kavli de Nanociencia (Kavli Institute of Nanoscience) | |
---|---|
Logotipo do Instituto Kavli de Nanociencia. | |
Datos xerais | |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Datos actuais | |
Reitor | Prof.dr.ir. Tim van der Hagen (TU Delft) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Department of Quantum Nanoscience Delft University of Technology Building 22 Lorentzweg 1 2628 CJ Delft |
Páxina web | http://kavli.tudelft.nl/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Instituto Kavli de Nanociencia de Delft (en neerlandés: Kavli Institute of Nanoscience Delft -KIND-) é unha institución académica e científica estabelecida en 2004 en dous departamentos da Universidade de Tecnoloxía de Delft: o Departamento de Nanociencia Cuántica e o Departamento de Bionanociencia.[1]
O instituto ten a súa orixe nunha doazón de fondos pola Fundación Kavli, dos Estados Unidos, e é a única entidade xurdida desa fundación fóra de territorio estadounidense. As súas investigacións céntranse en aspectos como a biofísica monomolecular ou o procesamento de información cuántica de dispositivos nanoescala.[2]
O instituto conta cun cadro de 50 profesores investigadores.[3] En 2012, catro dos dez científicos dos Países Baixos máis citados nas publicacións científicas pertencían á institución.[4]
Ademais do seu cadro investigador estable, desde 2017 existe no instituto unha liña de bolsas de investigación posdoutoral en bionanociencia .[5] Ese mesmo ano creouse tamén un programa de visitas de profesores de excelencia mediante o cal cada ano se lle ofrece a un científico de recoñecemento internacional a posibilidade de participar nas investigacións do instituto como profesor visitante; os dous primeiros foron Hagan Bayley, da Universidade de Oxford, e Amir Yacoby da Universidade Harvard.[6]
A modo de colaboración, o Instituto Kavli de Nanociencia de Delft encárgase do desenvolvemento do programa de investigación da Casimir Research School ("Escola de Investigación Casimir"), unha institución científica e académica dependente conxuntamente da Universidade de Leiden e da Universidade de tecnoloxía de Delft.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kavli Institute of Nanoscience Delft Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ "About Kavli Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Kavli Institute of Nanosciece Delft.
- ↑ "Faculty members Arquivado 02 de abril de 2016 en Wayback Machine.". Kavli Institute of Nanoscience Delft.
- ↑ Van Calmthout, M. "Topwetenschapper is natuurkundige of arts". En De Volkskrant. 27 de outubro de 2012.
- ↑ "Kavli Postdoctoral Fellowships Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Kavli Institute of Nanoscience Delft.
- ↑ "Kavli Chair Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.". Kavli Institute of Nanoscience Delft.
- ↑ Casimir Research School.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do Instituto Kavli de Nanociencia Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.
- Sitio web da Fundación Kavli de Nanociencia Arquivado 14 de decembro de 2018 en Wayback Machine.