Institute for Advanced Study
Aparencia
(Redirección desde «Instituto de Estudos Avanzados de Princeton»)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/28/Fuld_Hall%2C_Institute_for_Advanced_Study%2C_Princeton%2C_NJ.jpg/220px-Fuld_Hall%2C_Institute_for_Advanced_Study%2C_Princeton%2C_NJ.jpg)
O Institute for Advanced Study ou IAS é unha institución privada estadounidense de Princeton (Nova Jersey). Foi deseñada para acoller investigacións avanzadas básicas levadas a cabo por científicos de varios campos, sen a molestia de ter que dar clase, conseguir fondos, ou buscar patrocinadores. Aínda que está preto, non é parte da Universidade de Princeton. O IAS fíxose especialmente famoso por ser o lugar de traballo de Albert Einstein e John von Neumann tras a súa emigración aos Estados Unidos. Hai outros institutos de estudos avanzados nos EUA e outras partes do mundo, baseados no mesmo modelo.
Dende 2020, acolle a científicos como Juan Maldacena ou Robbert Dijkgraaf.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Institute for Advanced Study ![]() |
- Páxina oficial (en inglés)