Iolanda de Anjou
Aparencia
Nome orixinal | (fr) Yolande d'Anjou |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de novembro de 1428 (Gregoriano) Nancy, Francia |
Morte | 23 de marzo de 1483 (54 anos) Nancy, Francia |
Actividade | |
Ocupación | feudataria |
Outro | |
Título | Duchess of Bar (en) (1480–1480) Duque da Lorena (pt) (1473–1473) |
Familia | House of Valois-Anjou (en) |
Cónxuxe | Frederick II of Lorraine, Count of Vaudémont (1473–) |
Fillos | Yolande of Lorraine, Nicholas of Lorraine, Lord of Joinville, Pierre of Vaudemont, Renato II de Lorena, Jeanne of Lorraine, Margaret of Lorraine |
Pais | Renato I de Nápoles e Isabel, Duquesa da Lorena |
Irmáns | João II, Duque de Lorena Luís de Anjou, Marquês de Pont-à-Mousson Nicolas of Anjou Charles of Anjou René of Anjou Margarida de Anjou Isabel of Anjou Ann of Anjou |
Iolanda ou Violante de Anjou, nada en Nancy o 2 de novembro de 1428 e finada tamén en Nancy o 23 de marzo de 1483, foi duquesa de Lorena (1473) e de Bar (1480), filla de Renato I, rei de Nápoles, duque de Anjou, de Bar e Lorena, conde da Provenza, e Isabel, duquesa de Lorena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Casou en 1445 en Nancy co seu primo Federico II de Lorena (1420 - 1470), conde de Vaudémont. Este matrimonio puxo fin ao litixio que había entre os pais dos dous cónxuxes, con respecto á sucesión do ducado de Lorena. Tiveron a:
- Renato II (1451 - 1508), conde de Vaudémont, duque de Lorena e Bar.
- Nicolau, señor de Joinville e Bauffremont, morreu preto de 1476.
- Pedro, morto en 1451.
- Xoana (1458 - 1480), casou en 1474 con Carlos IV, conde do Maine (1436 - 1481).
- Iolanda, morta en 1500, casou en 1497 con Guillerme II, landgrave de Hesse (m. 1509).
- Margarida (1463 - 1521), casou en 1488 con Renato (1454 - 1492), duque de Alençon. Foi declarada beata.
En 1473, á morte do seu sobriño Nicolau de Lorena, herdou o ducado de Lorena e pasoullo inmediatamente ao seu fillo, Renato II. Fixo o mesmo en 1480, á morte do seu pai, co ducado de Bar.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iolanda de Anjou |