Saltar ao contido

Iolanda de Xerusalén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIolanda de Xerusalén

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoabril de 1212 Editar o valor en Wikidata
Acre, Israel Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 1228 Editar o valor en Wikidata (16 anos)
Andria, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Andria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Raíña de Xerusalén
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador do Sacro Imperio Romano Xermánico (1225–1228)
Consorte de Sicilia (1225–1228)
Raíña de Xerusalén (1212–1228) Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Brienne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFrederico II Hohenstaufen (1225, 1225–1228) Editar o valor en Wikidata
FillosConrado IV da Germânia Editar o valor en Wikidata
PaisXoán de Brienne Editar o valor en Wikidata  e Maria de Jerusalém Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohn II of Brienne
Luís de Brienne
Afonso de Brienne
María de Brienne Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
agosto de 1225coroación (Tiro) Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Brienne-35 Find a Grave: 8673126 Editar o valor en Wikidata

Iolanda de Brienne, nada en 1211 e finada en Andria o 25 de abril de 1228, tamén coñecida como Isabela II de Xerusalén, foi unha princesa de orixe francesa que se converteu en raíña de Xerusalén. Sucedeu á súa nai, María de Montferrato, cando esta morreu ao pouco tempo de nacer Iolanda.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Raíña nena

[editar | editar a fonte]

Iolanda foi a filla única de María de Montferrato, raíña de Xerusalén, e de Xoán de Brienne.[1] A súa nai, María, era a filla da raíña Isabel de Xerusalén do seu segundo marido Conrado I, e herdeira, á morte da súa nai, do reino de Xerusalén. María morreu pouco despois do nacemento de Iolanda, posiblemente por febre puerperal.[2] Por mor disto, Iolanda foi proclamada raíña de Xerusalén cando só tiña uns días de idade. Debido a que o seu pai Xoán non tiña unha pretensión directa ao trono, el gobernou como rexente ata o seu matrimonio.

Matrimonio con Frederico II

[editar | editar a fonte]
Matrimonio de Iolanda de Xerusalén con Frederico II.

Iolanda casou con Frederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio, o 9 de novembro de 1225, quen se implicou na Quinta Cruzada, enviando tropas desde Alemaña, pero non conseguiu acompañar ao exército directamente, malia que o incitaban a iso os papas Honorio III e máis tarde Gregorio IX, pois necesitaba consolidar a súa posición en Alemaña e Italia antes de embarcarse nunha cruzada. Con todo, Frederico de novo prometeu ir á cruzada logo da súa coroación como Sacro emperador Romano en 1220 por Honorio III.

Durante unha reunión entre Xoán de Brienne, o papa Honorio III e Frederico II na cidade de Ferentino en 1223, o destino de Iolanda quedou decidido: Frederico aceptou finalmente ir á cruzada, pero só como rei lexítimo de Xerusalén, e isto só era posible se casaba coa raíña Iolanda. Para entón Frederico era viúvo.[3] Este foi un plan do papa, quen esperaba que con este enlace comprometería firmemente ao emperador na quinta cruzada. O compromiso quedou confirmado, pero o emperador aínda atrasou a súa partida ata agosto de 1225, cando el e Iolanda quedaron casados por poderes na cidade Acre. Días despois, Iolanda foi coroada como raíña de Xerusalén.

A raíña agora coroada foi enviada a Italia e casou en persoa con Frederico II na catedral de Brindisi,[4] o 9 de novembro de 1225. Na cerimonia, proclamouse como rei Frederico de Xerusalén. Inmediatamente Frederico II procurou que o seu sogro, Xoán de Brienne, ata entón rexente, fose desposuído do cargo e os seus dereitos transferidos a el. Malia o seu novo cargo como rei de Xerusalén, Frederico II seguiu tomándose o seu tempo para poñerse en marcha, e en 1227, foi excomungado polo papa Gregorio IX por non cumprir con honor o seu voto de cruzado.

Despois da voda, Iolanda foi recluída polo seu esposo. Pasou o seu tempo no harén de Frederico en Palermo.[4] En novembro de 1226 deu a luz ao seu primeiro fillo, unha nena, á que algunhas fontes chaman Margarita, que morreu en agosto de 1227.

Frederico finalmente partiu de Brindisi o 8 de setembro de 1227 cara a Xerusalén pero enfermou en Otranto, onde Luís IV, landgrave de Turinxia, fora levado a terra. Frederico pospuxo a viaxe mentres se recuperaba. Mentres tanto, Iolanda morreu logo de dar a luz ao seu segundo fillo, un neno, Conrado, en Andria, Bari, o 25 de abril de 1228.[4] Foi enterrada na catedral de Andria. Frederico finalmente embarcou para Xerusalén o 28 de xuño.

Frederico II reclamou o reino de Xerusalén á morte da súa esposa. Aínda que coroouse a si mesmo como rei de Xerusalén na Igrexa do Santo Sepulcro o 18 de marzo de 1229, gobernou como rexente en nome do seu fillo, establecendo unha tregua cos musulmáns en 1229 durante a Sexta Cruzada.

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. Steven Runciman, A History of the Crusades, Volume III: The Kingdom of Acre and the Later Crusades, (Cambridge University Press, 1989), 134.
  2. Guy Perry, John of Brienne: King of Jerusalem, Emperor of Constantinople, c.1175-1237, (Cambridge University Press, 2013), 68.
  3. David Abulafia, Frederick II: A Medieval Emperor, (Oxford University Press, 1988), 150.
  4. 4,0 4,1 4,2 Jaroslav Folda, Crusader Art in the Holy Land, From the Third Crusade to the Fall of Acre, (Cambridge University Press, 2005), 148.
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Costanza de Aragón


Raíña consorte de Sicilia
1225–1228
Sucedido  por
Isabel de Inglaterra
Emperatriz consorte do Sacro Imperio
Raíña consorte de Alemaña

1225–1228

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]