Saltar ao contido

Iugoslavia

(Redirección desde «Iugoslavo»)
Modelo:Xeografía políticaIugoslavia

HimnoHej, Sloveni Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°49′14″N 20°27′44″L / 44.820555555556, 20.462222222222
CapitalBelgrado Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación23.271.000 (1991) Editar o valor en Wikidata (90,97 hab./km²)
Lingua oficialLingua serbocroata Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie255.804 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado pormar Adriático Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Triglav (2.864 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1 de decembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Disolución27 de abril de 1992 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porestados post-Iugoslavia Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía (1918–1945)
república (1945–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interpol
ONU (1945–1992) Editar o valor en Wikidata
Moedadinar iugoslavo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.yu Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+38 Editar o valor en Wikidata
Código de paísYU Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4936572

Iugoslavia (/iuɣosˈlaβja/; lit. "Terra dos eslavos do sur"; en serbocorata: Jugoslavija ou Југославија [juɡǒslaːʋija]; en esloveno: Jugoslavija [juɡɔˈslàːʋija]; en macedonio: Југославија [juɡɔˈsɫavija][1]) foi un estado situado na península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Fundouse en 1918, após a primeira guerra mundial,[2] a partir do Reino de Serbia e do Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, baixo o nome de Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. O país existiu até a súa disolución en 1992, e constituíu a primeira unión de pobos eslavos meridionais nun estado soberano, despois de séculos de dominio estranxeiro na rexión baixo o Imperio Otomán e o Imperio Austrohúngaro. Obtivo recoñecemento internacional o 13 de xullo de 1922, na Conferencia dos Embaixadores, en París.[3] O 3 de outubro de 1929, trocou o nome a Reino de Iugoslavia.

O 6 de abril de 1941, o reino é invadido e ocupado polas potencias do Eixe. En 1943, proclamase a República Democrática Federal de Iugoslavia pola resistencia partisana e, o rei Pedro II, que por ese entón moraba no exilio, recoñécea coma goberno lexítimo. Após o triunfo dos partisanos, na liberación de Iugoslavia en 1945, o novo goberno comunista abole a monarquía, e o país é renomeado coma República Federal Popular de Iugoslavia. Engádense entón ao seu territorio as rexións de Istria, Rijeka e Zadar, previamente ocupadas por Italia no período de entreguerras. O líder partisano, Josip Broz Tito, gobernou o país dende 1944 coma primeiro ministro e, máis tarde, coma presidente, até o seu finamento en 1980. En 1963, o estado é renomeado por derradeira volta coma República Federal Socialista de Iugoslavia.

As seis repúblicas constituíntes que formaban a República Federal Socialista de Iugoslavia foron as repúblicas socialistas de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia. Esta última posuía dúas provincias autónomas socialistas, Kosovo e Voivodina, que despois de 1974 estiveron case ao par cos outros membros da federación.[4] Após unha gran crise económica e política na década dos '80, e do xurdimento do nacionalismo e conflitos étnicos, Iugoslavia desintegrase ao longo das fronteiras das súas repúblicas, primeiro en cinco países, o que conduce ás guerras iugoslavas. Dende 1993 até 2017, o Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia xulgou a líderes políticos e militares de Iugoslavia por crimes de guerra, xenocidio e outros crimes perpetrados durante ditas guerras.

Trala disolución, as repúblicas de Montenegro e Serbia forman un estado federativo reducido, a chamada República Federal de Iugoslavia, coñecida posteriormente coma Serbia e Montenegro. Este estado aspiraba ao estatuto de único sucesor legal da RFSI, mais ditas afirmacións foron opostas polas antigas repúblicas. Finalmente, aceptou a posición do Comité de Arbitraxe Badinter sobre a sucesión compartida,[5] e no 2003 o seu nome trocase a Serbia e Montenegro. Este estado disolvese cando Montenegro e Serbia se converten en estados independentes no 2006, con Kosovo tendo aínda unha disputa en curso sobre a súa declaración de independencia de 2008.

Reino de Iugoslavia

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Reino de Iugoslavia.

O país formouse en 1918, inmediatamente despois da primeira guerra mundial, baixo o nome de Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, froito da unión do Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios e do Reino de Serbia. Nese momento, xeralmente se lle refería coma "estado de Versalles".[6] Máis tarde, o rei Alexandre I de Iugoslavia trocou o nome do país a Reino de Iugoslavia, en 1929.

Banovinas de Iugoslavia, 1929-39. Despois de 1939, as banovinas de Sava e Littoral fusionáronse na Banovina de Croacia.

Rei Alexandre I de Iugoslavia

[editar | editar a fonte]

O 20 de xuño de 1929, o deputado serbio, Puniša Račić, dispara contra cinco membros do opositor Partido Campesiño Croata, na Asamblea Nacional, resultando na morte de dous deputados e, unhas semanas máis tarde, da do líder Stjepan Radić. O rei Alexandre I, elimina a constitución o 6 de xaneiro de 1929, prohibe os partidos políticos nacionais, asume o poder executivo e renomea o país coma Iugoslavia. Agardaba frear as tendencias separatistas e mitigar as paixóns nacionalistas. Impón unha nova constitución e renuncia á súa ditadura en 1931.[7] Porén, as políticas de Alexandre atopan posteriormente oposición por parte doutras potencias europeas, debido aos acontecementos en Italia e Alemaña, onde os fascistas e os nazis acadan o poder, e na Unión Soviética, onde Iosif Stalin se converte no gobernante absoluto. Ningún destes tres réximes favorecía a política seguida por Alexandre I. De feito, Italia e Alemaña querían revisar os tratados internacionais asinados após a primeira guerra mundial, e os soviéticos estaban resoltos en recuperar as súas posicións en Europa, levando a cabo unha política internacional máis activa.

Alexandre I tenta crear unha Iugoslavia centralizada. Decide abolir as rexións históricas do país, e esbózanse novas fronteiras internas para as provincias ou banovinas.[8] Estas últimas, noméanse na honra de ríos. Moitos políticos foron encarcerados ou mantidos baixo vixilancia policial durante o seu reinado, amais, os movementos comunistas restrínxense por completo.

O rei foi asasinado en Marsella durante unha visita oficial a Francia en 1934, por Vlado Chernozemski, un tirador experimentado da Organización Interna Revolucionaria de Macedonia, de Ivan Mihailov, coa cooperación dos Ustaše, unha organización revolucionaria fascista croata.[9] Alexandre é sucedido entón polo seu fillo de once anos, Pedro II, e un consello de rexencia encabezado polo seu curmán, o príncipe Paulo de Iugoslavia.[10]

  1. En albanés: Jugosllavia; en arromano: Iugoslavia; en húngaro: Jugoszlávia; en rutena panónico: Югославия, romanizado: Juhoslavija; en eslovaco: Juhoslávia; en romanés: Iugoslavia; en checo: Jugoslávie; en italiano: Iugoslavia; en turco: Yugoslavya; en búlgaro: Югославия, romaizado: Yugoslaviya.
  2. Tucker, Spencer. Encyclopedia of World War I: A Political, Social, and Military History. 
  3. "orderofdanilo.org" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2009. Consultado o 03 de maio de 2024. 
  4. Huntington, Samuel P. (1996). Choque de civilizacións. ISBN 978-0-684-84441-1. 
  5. "FR Yugoslavia Investment Profile 2001" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2011. Consultado o 09 de xullo de 2024. 
  6. Malcolm, Rutherford; Hibbert, Reginald; Somerville, Keith. Notes of the Month. ISSN 0043-9134. 
  7. "Chronology 1929". indiana.edu (en inglés). [Ligazón morta]
  8. Donia, Robert J.; Fine, John Van Antwerp (1994). Bosnia and Hercegovina: A Tradition Betrayed. ISBN 9780231101615. 
  9. "Request by the Yugoslav Government Under Article 11, Paragraph 2, of the Covenant: Communication from the Yugoslav Government" (en inglés). 
  10. "Краљевски намесници и чланови Народног претставништва положили су јуче заклетву на верност Њ. В. Кралу Петру II" (en serbocroata).