Lingua arromanesa
Arromanés armãneashce | ||
---|---|---|
Outros nomes: | armãneashti, limba armãneascã | |
Falado en: | Grecia Albania Romanía Macedonia do Norte Serbia Bulgaria | |
Total de falantes: | 300.000 | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Románica oriental Balco-románica Arromanés | |
Escrita: | alfabeto latino (variante arromanesa) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Recoñecida como lingua minoritaria en Macedonia do Norte | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | rup | |
ISO 639-3: | rup
| |
Mapa | ||
Status | ||
O arromanés,[2] tamén coñecido como macedorromanés[2] (limba armãneascã, armãneashti ou armãneshce) é un idioma do conxunto das linguas romances orientais falado no Sueste de Europa por 300 mil persoas do pobo arromanés.
Comparte semellanzas co romanés, mais a diferenza deste que tivo influencias das linguas eslavas, o arromanés tivo influencia do grego. Algúns filólogos non o consideran un idioma separado, senón só un dialecto arcaico do romanés. Unha das súas características fonéticas peculiares é a perda do f- inicial latino (do mesmo xeito que en castelán): ferrum → her ("ferro"), aínda que este mesmo trazo compárteo tamén co meglenorromanés.
Este idioma actualmente é falado en comunidades espalladas entre os seguintes estados: Estados Unidos, Francia, Australia, Alemaña, Grecia, Bulgaria, Romanía, Macedonia do Norte, Albania e Serbia; tal dispersión explícase porque durante séculos a maior parte dos arromaneses (chamados outrora polos eslavos "kutzovalacos" e, dadas as semellanzas no seu modo de vida cos rom ou xitanos, "tsintaros") viuse forzada a un modo de vida transhumante en carromatos, seguindo circuítos dentro do sur da Península dos Balcáns.
Exemplo da lingua
[editar | editar a fonte]- Tatã a nostru
- cai eshci pi tser,
- s-ayisascã numa a Ta,
- s-yinã Amirãrilja a Ta,
- s-facã vreare-a Ta,
- cum pi tserlu,
- ashi sh-pisti loc.
- Pãne-a nostrã atsea di cathi dzuã dã-nã-u sh-azã
- shi ljartã-nã amãrtiile-a noastre
- ashi cum lji-ljirtãm sh-a amãrtoshlor a noshci.
- Shi nu nã-du la pirazmo,
- ala aveaglji-nã di atsel arãulu.
- Cã a Ta easte Amirãrilja shi puteare
- a Tatãlui shi Hiljlui shi a Ayului Spirit,
- torã, totãna shi tu eta-a etilor.
- Amen.
- Tuti iatsãli umineshtsã s-fac liberi shi egali la nãmuzea shi-ndrepturli. Eali suntu hãrziti cu fichiri shi sinidisi shi lipseashti un cu alantu sh-si poartã tu duhlu-a frãtsãljiljei.
(Artigo 1 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Arromanés". TERGAL. Consultado o 23 de outubro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua arromanesa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |