Catalán occidental
O catalán occidental (català occidental) ou bloque occidental do catalán é o conxunto de dialectos do catalán falados no oeste de Cataluña (practicamente toda a provincia de Lleida, oeste de Tarragona e Terres de l'Ebre), na Franxa de Aragón, en Andorra e no País Valenciano.
Características xerais
[editar | editar a fonte]A característica máis notable destes dialectos, a diferenza dos do catalán oriental, é a ausencia de neutralización en vogais átonas, é dicir, o paso de ‹a› e ‹e› átonas a [ə] e o de ‹o› átona a [u].
Ademais, as Ē (‹e› longas) e Ǐ (‹i› breves) tónicas do latín pronúncianse [e] "e pechada" (cadena [kaˈðena], alé [aˈle], què [ˈke]) mentres que no catalán oriental é [ɛ] "e aberta" ou [ə] "vogal neutra", nestas palabras. Tamén a vogal átona /e/ pode reducirse a [a] diante de consoantes nasais e sibilantes: enveja [aɱˈvedʒa]/[amˈbeʒɛ], espill [asˈpiʎ], eixugar [ajʃuˈɣa(ɾ)].
Tamén existen outras características fonéticas, gramaticais e léxicas diferenzadoras como:
- Mantemento do son [w] nos posesivos (meua, teua, seua)
- A ‹x› inicial ou posconsoántica en [tʃ].
- Verbos incoativos en -ix, -ixen, -isca, etc.
- Certo mantemento da nasal nos plurais de antigos proparoxítonos acabados en -n (hòmens, jóvens).
- Certa presenza de [j] diante de palatal sorda [ˈkajʃa]/[ˈkaʲʃa] no dígrafo -ix-.
- Diferenciación do dubitativo en -a, perdida no catalán oriental, por exemplo: voler=vullga, tenir=tinga, venir=vinga.
- Vocabulario específico:
- Granera por escombra
- Xiquet por nen
- Espill por mirall
- Palometa/paloma por papallona
- Corder por xai
- Melic por llombrígol
- Pigota por verola
Dialectos
[editar | editar a fonte]Forman parte do bloque occidental os seguintes dialectos:
BLOQUE OCCIDENTAL |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Badia i Margarit, A.M. (1984). Biblioteca d'Estudis i Investigacions, ed. Gramàtica Històrica Catalana (en catalán). ISBN 84-7502-111-5.
- Veny, Joan (2002) [Primeira edición 1982]. «Síntesi de dialectologia». Els parlars catalans (en catalán) (13ª edición). Palma de Mallorca: editorial Moll. ISBN 84-273-1038-2.