Józef Teodorowicz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1864 Zhivachiv (en) |
Morte | 4 de decembro de 1938 (74 anos) Lviv, Ucraína |
Lugar de sepultura | cemiterio de Lychakiv 49°49′50″N 24°03′27″L / 49.83047, 24.0574 |
Membro da Cámara dos Lords de Austria | |
16 de marzo de 1902 – 1918 | |
Arcebispo católico | |
2 de febreiro de 1902 – ← Izaak Mikołaj Isakowicz | |
Membro da Dieta de Galitzia e Lodomeria | |
Member of the Sejm of the Second Polish Republic (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Chernivtsi University (en) Seminary in Lviv (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Ecclesiastical hierarchy (en) , teoloxía e política |
Ocupación | bispo católico (1902–), sacerdote católico (1887–), diácono (1886–), arcebispo, teólogo, político |
Partido político | Christian National Party (en) Związek Ludowo-Narodowy (pt) |
Membro de | |
Consagración | Jan Puzyna (pt) |
Premios | |
Józef Teofil Teodorowicz[1] (en armenio: Յովսէփ Թէոֆիլ Թէոդորովիչ; en ucraíno: Йосиф Теофіл Теодорович), nado o 25 de xullo de 1864 en Zhyvachiv (hoxe Ucraína) e finado o 4 de decembro de 1938 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv dende 1901 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 25 de xullo de 1864 en Zhyvachiv, unha vila na rexión histórica da Pokuttia; a vila hoxe pertence ao distrito de Tlumach, na rexión de Ivano-Frankivsk. Era fillo de familia nobre caxuba, fillo de Grzegorz, da familia Tesmer, e de Gertruda, da familia armenia dos Ohanowiczów. Logo de completar a súa formación en Stanislaviv, comezou a estudar Dereito na Universidade de Chernivtsi. Alí experimentou unha crise de fe, e logo de superala deixou os estudos para ingresar no seminario de Lviv.
O 26 de decembro de 1886 foi ordenado diácono, e o 9 de xaneiro de 1887 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Izaak Mikołaj Isakowicz. Inicialmente exerceu o seu ministerio como párroco en Berezhany.
Logo do pasamento de Isakowicz, Teodorowicz foi elixido o 24 de setembro de 1901 arcebispo de Lviv, e foi confirmado o 16 de decembro. Recibiu a consagración episcopal o 2 de febreiro do ano seguinte, de mans de Jan Maurycy Pawel Puzyna z Kosielsko, bispo latino de Cracovia, e tivo como co-consagradores aos outros ordinarios católicos de Lviv: Józef Bilczewski, arcebispo de Lviv dos latinos, e Andrei Sheptytskyi, metropolita de Lviv dos ucraínos.
Como arcebispo, preocupouse pola falta de vocacións nativas na súa diocese, polo que favoreceu a incorporación de sacerdotes latinos, así como de armenios procedentes de Oriente Medio. Asumiu tamén o coidado e promoción das institucións arquidiocesanas, entre elas o mosteiro de monxas bieitas de Lviv e a Unión dos Armenios de Polonia. Entre 1908 e 1930 dirixiu a renovación da catedral armenia de Lviv, na que traballaron Jan Henryk Rosen e Józef Mehoffer.
Finou o 4 de decembro de 1938 en Lviv
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Król-Mazur, Renata (2013). Działalność polityczna arcybiskupa Józefa Teofila Teodorowica w latach 1888-1923. Cracovia: Ormiańskie Towarzystwo Kulturalne.
- Kubik, Roman (1998). Józef Teofil Teodorowicz: ostatni arcybiskup polskich Ormian. Gorzów Wielkopolski: Wojewódzki Ośrodek Metodyczny.
- Skoczek, Tadeusz (2015). Teodorowicz - mówca i patriota: materiały z konferencji naukowej. Varsovia: Muzeum Niepodległości.
- Archbishop Józef Teofil Teodorowicz
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Izaak Mikołaj Isakowicz |
Arcebispo de Lviv 1901 - 1938 |
Sucesor: Dionizy Kajetanowicz (administrador apostólico) |