Jakub Walerian Tumanowicz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1714 Ivano-Frankivsk, Ucraína (pt) |
Morte | 2 de setembro de 1798 (84 anos) Lviv, Ucraína |
Lugar de sepultura | cemiterio de Lychakiv |
Arcebispo católico | |
11 de xaneiro de 1783 – ← Jakub Stefan Augustynowicz – Jan Jakub Symonowicz (en) → | |
Arcebispo titular | |
16 de decembro de 1771 – Diocese: Camachus (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1772–), sacerdote católico |
Consagración | Wacław Hieronim Sierakowski |
Jakub Walerian Tumanowicz[1] (en ucraíno: Якуб Валеріан Туманович, "Yakub Valerian Tumanovych"), nado o 14 de xullo de 1714 en Stanisławów e finado o 2 de setembro de 1798 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv entre 1783 e 1798.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia armenia o 14 de xullo de 1714 en Stanisławów (hoxe Stanislaviv, en Ucraína), e foi bautizado en Kamianets-Podilskyi. Estudou no colexio teatino de Lviv e posteriormente foi ordenado sacerdote cda arquidiocese de Lviv. Exerceu inicialmente como vigairo na catedral arquidiocesana, e posteriormente foi párroco da mesma. Da súa etapa como párroco se conservan dous sermóns con ocasión da coroación da icona da Virxe María na igrexa dominicana de Lviv en 1751.
O 1 de xuño de 1771 foi elixido bispo coadxutor da arquidiocese, con dereito de sucesión. O 16 de decembro do mesmo ano a súa elección foi aprobada polo papa Clemente XIV. Foi consagrado bispo o 17 de maio de 1772 polo arcebispo latino de Lviv, Wacław Hieronim Sierakowski. Logo do pasamento de Jakub Stefan Augustynowicz en 1783, pasou a ser o arcebispo de Lviv dos armenios.
Coa primeira partición de Polonia as autoridades austríacas realizaron varios cambios na arquidiocese: en 1784 foi pechado o colexio dos teatinos, foron pechadas tamén as igrexas parroquiais de Santa Ana e da Santa Cruz, e o número de parroquias foi reducido de 18 a 8; en 1785 a escola das Irmás Bieitas Armenias foi secularizada; e en 1791 todos os bancos armenios foron unidos nun único montepío.
Malia a situación adversa, Tumanowicz se implicou na construción de novas igrexas: en 1791 consagrou igrexas en Kamianets-Podilskyi, Mohyliv-Podilskyi, e outros lugares. Tamén financiou a fabricación de dúas novas campás para a catedral, construíu un novo campanario na vila de Lysets, e reparou as casas parroquiais de Lviv e de Kamianets-Podilskyi.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Isakowicz-Zaleski, Tadeusz (2001). Ormiańskie Towarzystwo Kulturalne, ed. Słownik biograficzny duchownych ormiańskokatolickich oraz duchownych rzymskokatolickich pochodzenia. ISBN 8390315742.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jakub Stefan Augustynowicz |
Arcebispo de Lviv 1783 - 1798 |
Sucesor: Jan Jakub Symonowicz |